Xa está na rede o programa do pasado venres 11 de novembro, día de San Martiño. Nesta nova entrega tivemos moito contido:
Dende Huesca, no Alto Aragón, visitáronnos os nosos amigos de De la Roca al Metal que estes días andan de xira por Galicia para presentarnos o seu proxecto. Un traballo que achega á sociedade a arqueoloxía mediante a realización de obradoiros de metalurxia e arte prehistórica.

Tamén pasou un anaco na nosa compaña outro bo amigo de Orballo, Josito Porto, cantante e guitarrista de Factoría de Subsistencia, para falar do seu grupo e da súa obra, e dar un repaso á actualidade do estado das bandas musicais no noso país.

Para rematar, co gallo do centenario do nacemento das Irmandades da Fala, tivemos un pequeno faladoiro sobre o estado da lingua galega, cal foi a evolución do emprego da fala nestes cen anos? É útil? Que futuro lle agarda a nosa lingua? Serán algunhas das preguntas que tratamos de respostar.
Lembrade que podedes seguir o noso programa cada venres de 16.30 a 18h en Radio Allariz no 107.2fm, ou online na web de Radio Allariz.
Un comentario en “Capítulo 7: A Nosa Lingua”