O luns 14 de Novembro estivemos na escola Tomás de Lemos en Ribadavia cubrindo o obradoiro “El arte de la Prehistoria” impartido ós alumnos de infantil polo grupo de arqueólogos profesionais de “De la roca al metal”.
Este grupo de profesionais funciona de maneira autónoma combinando investigación e traballos arqueolóxicos coa didáctica nas aulas mediante diferentes talleres adaptados segundo a idade do receptor.

Neste caso, o taller “El arte de la Prehistoria” basase na transmisión de coñecementos sobre a prehistoria, a arqueoloxía, a cultura e o pasado a través do xogo e da experiencia multisensorial, convertendo así o aula nun espacio didáctico onde os rapaces interactúan dun xeito divertido mentres amplian os seus coñecementos.
Unha labor moi importante a que fan este xóvenes arqueólogos achegando os saberes do pasado os máis pequenos e creando motivación e curiosidade neles que farán que se divirtan á vez que aprenden.
Alba Losada García
Podes seguilos na súa páxina web: De la Roca al Metal.