A longa espera dunha semana rematou queridos seguidores, xa podes disfrutar do podcast desta semana:
http://www.ivoox.com/programa-orballo-2-12-2016-audios-mp3_rf_14460136_1.html
Este venres no Programa Orballo de Radio Allariz:
Esta tarde teremos a visita dos BABABOOM: «un colectivo que se forma na cidade de Ourense no ano 2013, cunha pasión, a cultura sound system, sesións cargadas de vinilos de roots, reggae, dub e steppa.»

No faladoiro de hoxe: «A mitificación dun persoeiro trala súa morte«. Esta semana a morte de Fidel Castro copou os informativos mundais, e o mundo dividiuse entre os que opinan que foi un dictador ou un heroe revolucionario, que idea de Fidel quedará na historia? Analizaremos este caso e o doutros personaxes senlleiros.

Tamén entrevistaremos o gran percusionista Eloi Pascual que nos falará do seu proxecto no eido do jazz.
Lembrade que podes seguir o programa en directo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz de 16:30 a 18h tódolos venres. Non o perdades!