AGORA BÉBOME AS ESTRELAS QUE NON ME QUIXESTES LEVAR A VER

As noites de verán son baleiras, están desestreladas.

Galicia quedou sen estrelas por non querer velas comigo,

e xa non hai desexos, e xa non hai amores fugaces.

O amor e a paixón

atópanse extintos

no meu mundo de ebriedade.

E xa non hai risadas, e xa non hai apertas

nin miradas; só quedan cervexas baleiradas

para encher con brilo a miña alma apagada.

A miña alma que semella

a santa sen compaña,

vagando en pena polas eternas noites desestreladas.

E mentres o ceo brilaba algún antigo xaneiro,

agora é verán e o ceo xa non brila:

agora bébome as estrelas

que non me quixestes levar a ver.

7

Autora e ilustradora: Antía Alberte

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s