Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz. Este é moi especial xa que é o noso décimo programa:
http://www.ivoox.com/programa-orballo-10-9-12-2016-audios-mp3_rf_14811301_1.html

Neste nova entrega teredes:
- As entrevistas ó acordeonista Víctor Prieto e o actor e músico ourensán Xoel Yáñez.


- No faladoiro de hoxe: «Galegos esquecidos». Neste apartado falaremos deses paisanos nosos cuxa obra foi transcendetal no seu eido de traballo mais non foi recoñecida coma se mercía na súa propia terra ou co tempo foi esquecida. Nosos colaboradores presentarán cadan seu persoeiro «esquecido» e logo debaterán sobre cal foi a causa da discrección ca que pasou a historia a súa vida.
- Tamén teremos un «Doña Melitona» especial dedicado á cantautora Cecilia, co gallo da saída ó mercado do albume recopilatorio «Todo Cecilia», no ano que se cumpren 40 anos do seu pasamento.

Lembrade que podedes sintonizalo programa en directo no 107.2fm ou escoitalo online na web de Radio Allariz de 16:30 a 18h cada venres. Non o perdades!