Sinerxias culturais en Ourense

Dende o pasado 24 de Marzo e ata o 7 de maio, Ourense convírtese nun epicentro creativo a través dos eventos Cultura en Produción, Crea e a ICC Week; que completan un almanaque no que a cidade traballa no futuro das ICC, as Industrias Culturais e Creativas. Hai futuro?

Hai catro anos, un grupo de alumnos do CIFP A Farixa, organizarou as primeiras Xornadas Cultura en Produción, como parte dos proxectos finais para rematar o ciclo superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos. O evento tivo moi boa acollida, polo que os estudantes dos seguintes cursos foron recollendo o testigo do que é xa unha cita imprescindíbel do centro.

“Con estas xornadas pretendíamos facer unha retrospectiva da evolución da imaxe e o son dende os seus inicios, pasando por diferentes fases”.

Álex Corbillón, membro da organización, explica o eixo temático deste ano: «Do super 8 á realidade virtual. 50 anos de experimentación sonora e visual”.

Durante todo o día, os distintos poñentes foron analizando sectores creativos nos que se pode conseguir rendabilidade e a forma en que as novas tecnoloxías como a realidade virtual, ou vellos aliados coma o super 8, poden ser un vehículo para levar a cabo os nosos proxectos. Facendo honra a titulación, nestas xornadas tamén se fala por suposto de produción, das súas oportunidades, dos seus perigos, e da transformación nun recurso económico dos recursos materiais e humanos.

Os relatores deste ano foron os seguintes, tendes enlace as súas redes no nome para os que queirades curiosear un pouco máis:

Ignacio Benedeti expuxo a vixencia do super 8, que tras case un século dende a súa invención, continúa en primeira liña. Para os amantes do celuloide, no seu blog tedes unha entrada máis extensa.

Hevi comentou as súas experiencias como técnico de son, Dj e produtor musical, un campo novo nas xornadas, e tamén no centro, xa que se incorpora á oferta educativa da Farixa o ciclo superior de Video Disc-Jockey e Son.

María Yánez fíxonos un percorrido polas posibilidades das plataformas dixitais e en concreto, da recente e todavía en proceso de exploración, realidade virtual. María explicou as aplicacións desta tecnoloxía dende a aparición en Kickstarter das Oculus, as primeiras gafas de VR (Virtual Reality) ata o momento actual.

Rubén Mil impulsou aos alumnos e demáis asistentes a mergullarse no mundo da producción e ofreceu a súa experiencia para que os alumnos saiban a que se enfrontan ao rematar, ademáis de amenizar o final da súa exposición cunha sesión en directo.

Laura Iturralde puxo a disposición dos asistentes a súa visión plástica do espazo. Laura traballa como escenógrafa, fotógrafa, iluminadora… e tamén VJ, un termo co que moitos aínda non están familiarizados pero que ela manexa coma léxico habitual.

Ao mediodía produciuse a pertinente pausa para comer e seguir falando de proxectos de forma máis directa, pero antes tiña lugar a presentación da ICC Week 2017. Manuel Araújo, o seu coordinador, desvelounos a programación da terceira edición do Encontro Marco das Industrias Culturais e Creativas. Como dicíamos ao principio, é preciso apostar pola cultura como vehículo económico, sobre todo neste momento de crise industrial no sector da manufacturación.

Os compañeiros do colectivo Dial, da man de Doppler amenizaron o catering dunhas xorandas que deron o pistoletazo de saída as semanas máis culturais da cidade: charlas, foros, encontros, masterclass, obradoiros e tamén concertos.

Dende onte e ata o 7 de maio podes mergullarte no mundo da Arte e do Deseño nas xornadas Crea que organiza a EASD Antonio Failde, tedes enlace a súa páxina web con toda a programación aquí. Deixámosvos tamén o cadro de programación para a ICC Week. Se sodes profesionais do sector cultural ou estudantes, aproveitade a oportunidade e consultade as actividades; hoxe mesmo tócalle o turno á Fotografía: as 20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel, María Bleda e Jose María Rosa, dúas das figuras máis importantes da fotografía contemporánea española, desetrañan o seu proxecto fotográfico. Non faltes!

Autor: Roberto Nespereira Pereira

Fotografía: Cris Armadanzas

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.