Burbullas de sentimento

Calma, colle aire, sopra,

polo que queres, loita

polo que máis queiras, sopra,

non deixes que se rompan.

Mantén as burbullas voando, tolas.

Sopra, todo o aire, fóra dos pulmóns,

que se caen, colapsa o corazón,

québrase a alma, outra vez,

e  nós deixamos de ser

nexo común do verbo querer.

 

– “Mais, miña meniña, ¿non o ves?

Arritmias descontroladas,

bágoas derramadas na almofada,

pola morte das bolboretas, envelenadas,

polas súas voltas na cama,

polas súas falas aloucadas,

nas que te chama amor, sen cho facer.

Insidioso proverbio o do seu later,

que con data de caducidade,

na túa desexada eternidade,

faite escoller entre a fin e morrer.”

 

Claras burbullas de sentimentos,

¿Non escoitas os seus berros?

pouco a pouco, caendo,

deixándose enterrar no chan

buscando, esperando as túas mans

para poder volver, e voar,

e romperse en mil pedazos polo vento,

que nos cubran enteiros,

que nos devolvan  o “nós” verdadeiro.

 

-E… si,  vexo.

Folga da enrabechada paixón,

que morre de fame de ti,

culpándome a min,

de non ter un fogar digno no teu peito

de perder os seus dereitos sobre  teus beizos

 

E si… véxome, reflectida no  teu espello,

e non quero,.

Verme en ti é ser cero,

é ser obsoleto, antigo pasatempo,

é ser outra máis, morrer polo medo,

de ser eu a muller da que escapas sen tento.

 

Calma, colle aire, sopra,

burbullas de illamento,

sentimentos caendo.

Sente o poder da cólera,

dos “Quérotes”  engaiolados,

sen o seu significado.

Coitelo en man, “Nós” agonizando,

levanto o puño, movemento ríxido,

 

Pola nosa liberdade, polo noso futuro,

repitamos xuntos: “Fin do espectáculo”.

 

Autora: Uxía Rodríguez Negreira

Ilustración: Laura López López

unnamed

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.