John Axiom e a expresión do amor

O compositor ourensán presenta o seu novo disco produto de 3 anos de traballo e busca da inspiración. “The muse of my heart” é un canto aos sentimentos silenciados, as emocións reprimidas e os corazóns rebeldes.

_MG_2863.jpg

Reunímonos con John Axiom para falar do seu novo disco que será lanzado o 20 de xuño. No seu estudio de composición no Polvorín atopámonos cun espazo de creación entre suburbano e bohemio. Recíbenos Coco, un cadelo negro precioso e un estadounidense de Albuquerque. Neste lugar respírase un ambiente de traballo eminentemente artístico, a industria non ten cabida aquí pero hai todo o espazo do mundo para as emocións inexpresadas.

_MG_7831.jpg

John Axiom traballou como DJ dende os 13 anos, un verdadeiro neno prodixio que ao redor da vintena xa tiña propostas de contrato por parte dos selos discográficos máis importantes do mundo. Un dos seus temas máis exitosos ata o momento forma parte da banda sonora de “The counselor” (Michael Fassbender; Cameron Diaz; Penélope Cruz; Javier Bardem; Brad Pitt) dirixida polo afamado director Ridley Scott.

¿E que fai en Ourense un rapaz con este percorrido preguntarédesvos? A resposta é sinxela, fartouse da maquinaria económica e do “traballo para”. John quería compoñer dende o corazón e na industria electrónica non había cabida para as súas inquedanzas. Así que no que podería considerarse o momento máis álxido da súa carreira e co mundo ao seus pés, volveu a súa cidade natal para traballar en Movistar e traballar para sí mesmo. Cousas da xeración millenial.

https://soundcloud.com/john-axiom/the-theory-of-fudu-diego

 

“No me gusta la evolución que está siguiendo el mundo de la música electrónica, es muy comercial y todo el mundo utiliza el mismo método  de composición, hoy en día cualquiera puede comprarse un ordenador, instalar algún software y ponerse a componer bajo las directrices de la industria. Lo que yo hago va más allá de eso, solo compongo cuando tengo algún sentimiento que me corroe y mi única forma de expresarlo es a través de la música. No es un medio económico.”

_MG_7888.jpg

 

John é un compositor nada usual, pouco metódico, de feito podería denominar o seu estilo de traballo coma o anti método, xa que non manexa ningún instrumento tradicional (agás algúns acordes á guitarra). Para compoñer utiliza un secuenciador Ableton e instrumentos virtuais. Posteriormente interactúa cos seus músicos que interpretan as súas melodías e realizan os arreglos. É un proceso aberto onde a conexión e a inspiración son fundamentais.

 

O que move a John son as emocións, e venme a cabeza a imaxe de Henri Rousseau, un mercader de arte francés que un día decidiu facer os seus propios cadros. O estilo de Rousseau era inocente e intuitivo, non tiña nada de académico pero moito de sentimental. Tamén dedicaba longos períodos de tempo para rematar cada peza, coma o disco de Jhon que leva tres anos cocendo a fogo lento. Así que poderíamos dicir que é un artista moi naíf: natural, espontáneo e primitivo. Un autodidacta.

_MG_7844.jpg

“No trabajo siguiendo un horario concreto, puedo desvelarme un día a las 3 de la madrugada  porque hay alguna emoción que me ha corroído durante el día. Sensaciones, eso es lo que me lleva a hacer música. Trabajé mucho tiempo de forma profesional a través de sellos y agencias pero creo que el componente económico ha pervertido la parte artística. Yo no hago música para ganar dinero, es lo que llevo haciendo desde que tenía trece años, es mi modo de expresión.”

 

“The muse of my heart” é un nome moi poético para un disco de música electrónica así que lle pregunto se a musa ten nome e apelidos (¿sempre o ten non?) e se é un disco basado nun tipo de amor concreto.

 

“Podría parecer que el título hace referencia al amor pero no es así. Cada canción tiene un por qué y una persona detrás que la ha inspirado. En la vida hay fases de desamor y desencuentro, de alegría y después tristeza. Tuve una pareja  durante mucho tiempo y cuando terminé me encontraba perdido así que me anclé a la composición como vía de escape. Empecé con una canción y no pude continuar hasta 3 años después. En el proceso me di cuenta de que el amor y la inspiración está en muchos lugares. Entonces pude continuar.”

Fluímos como sociedade nun entorno cada vez máis individualista, parece que as emocións xa non están de moda no mundo da música e o único importante e canto podes gañar. Sen embargo o corazón é o único motor que nos impulsa como persoas. John ten moi claro isto e decidiu rodearse de xente inspiradora para darlle outro cariz ao seu traballo, ou quizáis só foron cousas do destino. O que comezou coma un simple tema foi adquirindo máis amplitude ata convertirse nun proxecto artístico.

Falando un día con Alexandre Prada (diseñador e bo amigo) mostroulle os seus temas e Alexandre identificou a mensaxe detrás dos acordes. Comentoulle que estaba traballando nunhas pezas visuais que falaba da mesma emoción, conectaron e decidiron fusionar ambos proxectos.

Alexandre diseña todo o apartado gráfico que acompaña a cada canción pero non é só un apoio visual senón que forma parte dun verdadeiro proxecto artístico cuxa posta en escea tamén está planificada seguindo esa liña emocional.

_MG_7832_1.jpg

“Cuando le mostré a Alexandre las canciones que estaba componiendo hubo un momento de catarsis, habíamos estado trabajando alrededor del mismo concepto con la diferencia de que yo lo estaba expresando a través de la música y él a través del diseño gráfico.”

Todos poderemos ser partícipes deste proxecto aquí en Ourense o vindeiro 1 de Xullo na Praza Maior. Jhon Axiom e a súa banda tentarán espertar as musas e facernos chegar as súas emocións cunha posta en escea moi singular.

10 días antes poderedes acceder a o seu novo material: 8 temas en formato CD e 3 máis para descarga online. Sacarase tamén á venda un vinilo con remixes de Henry Saiz.

O single será publicado en Bandcamp para descarga gratuíta ou para que cada un aporte o que considere.

 

Autor: Roberto Nespereira Pereira.

Fotografía: Cris Armadanzas

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.