Feitizos de meigas e fadas

Autor: David Conde Seoane

Fotografía: Andrea Pérez Justo


Hai historias que teñen un camiño singular. A disputa acontecida nas súas entrañas é un acto doloroso en moitas ocasións, máis preciso paradoxicamente na maioría dos casos para afianzar o treito percorrido de cara a un futuro máis próspero.  Este texto sacado do contexto dunha canción especial e sensible, así o refuta…

As follas caducas van anunciando coa súa cor a fin dunha etapa. 

A árbore, agradecida, vai deixando que caian ó chan unha a unha, ata desprenderse  por completo de todas, servíndolle de manto e alimento, para o ano seguinte seguir forte e ter novas follas.

arbore3
Fotog. Andrea Pérez Justo

 

Ese alimento estará por sempre na súa savia, e determinará o seu crecemento, pero nunca significará un lastre na súa vida.

Será algo que a enriquecerá, e lle axudará a afrontar o seu futuro con toda a vitalidade do mundo, e comezar así un novo ciclo.

arbore_1
Fotog. Andrea Pérez Justo

 

Non existen verbas suficientes para gabar unha das mentes máis curiosas i eficientes que puiden atopar no meu camiñar. Non existen palabras axustadas a un sentimento que queima coma o lume por dentro. Non existen metas programadas, pero o bonito é que facemos un camiño no que só hai dúas pisadas. Si que existen ese tipo de miradas que esbozan un sorriso e actitudes esperanzadas. Si que existen estrelas nas que orbitan vida nos planetas e almas animadas. Si que existen feitizos de meigas e fadas, que son o que son sen ir maquilladas. Do que dubido da súa existencia, é dos erros cometidos no entramado raro dos amoríos, pois quen sabe se en realidade non foron máis ca un regalo do destino…

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.