“MY SKIN” UN ALEGATO Á DIVERSIDADE NO AMOR

 


  • O amor e a familia representados dende un enfoque diferente.
  • O poliamor, a soltería ou as familias monoparentais, entre outras, protagonistas desta historia.
  • Un videoclip a cabalo entre o documental e a arte, un contrapunto visual á actualidade sobre a cultura da violación.

O grupo musical Thomb e a cineasta e videoartista Xudit Casas unénse para crear “My Skin”, un videoclip a cabalo entre o documental e a arte. O seu visionado transmite e emociona a partes iguais, o “bo rollo” axiña contaxia ao público que non pode evitar esbozar un sorriso ante protagonistas que só desprenden amor e cariño. “Transmítense relacións onde prima o respeto e a complicidade algo ao que as persoas non estamos acostumadas. É un bo contrapunto á polémica que estamos vivindo na actualidade coa cultura da violación”, afirma a directora. O grupo engade que “é necesario ver exemplos do positivo e non soamente imaxes do que non se debe facer nunha sociedade como a nosa e que atentan contra os dereitos das personas, sobre todo, das mulleres.

 

Xudit Casas: o videoclip como arte

Casas reivindica a esencia inicial dos primeiros anos do videoclip como obra ligada ao campo artístico e, neste caso, preséntao dende unha perspectiva documental xa que, prácticamente, a maioría das relacións que vemos neste traballo son reais. “Gustaríame reivindicar o videoclip como formato audiovisual. Desvirtuouse demais, non entendo como moitos artistas do mundo da música tenden a usalo como mero instrumento de marketing. ¡É paradóxico!”, laméntase Casas.

Thomb: rockeros concienciados

“My Skin” é o terceiro videoclip da banda, tras “Citizen Zero” e “Lunar Eclipse”. Este último céntrase no respeto polo medio ambiente e por un desenrolo global máis sostible. O vídeo acaba de ser proxectado no Festival Abycine na sección educativa sendo visionado por estudiantes de 5 a 16 anos. “Dende a música tamén se pode poñer un granciño de area para transmitir valores de respeto, neste caso, á libertade das personas”, sentencian desde Thomb.

A canción “My Skin” pertence ao EP Balance producido por Manuel Cabezalí, que tamén ten sido produtor doutros grupos, entre os que destacan Russian Red, Rufus T. Firefly ou Havalina.

 


PÁXINAS DE INTERESE:

xuditcasas.es 

https://thombbandblog.wordpress.com 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.