MAGRITTE

 

Pénsote,

pénsote, cos teus rizos opacos rompendo no aire

a harmonía do azul infinito,

de novo, ceo e terra só un.

 

Un un, crebado pola túa figura. Túa figura núa, redondeada

dando toques de cor na area branca,

 

[ausencia ou composición de toda cor]

 

Toques de verde,

verde ordenado, entre vermellos

e lilas,

na escala cromática que ti escolliches.

 

Toques verdes, que nun fondo negro

dan  vida a peixes,

peixes que nadan rápido tralo contacto da túa mau sobre eles.

 

Composición perfecta baixo a túa ollada, diante das Cíes, que rompen a liña do horizonte,

 

Ben me gustaría que me

pintases

e ser, aínda que en proxecto de min mesma,

a que está baixo túa ollada,

á que acarician, dando cor, as túas maus

A miña mente salta e brinca divertida

entre os teus debuxos

e os teus senos

imaxinando seu contacto…cos meus.

Imaxinando o noso encontro

húmido e prohibido entre

humidades

Nunca imaxinadas, sempre

afundidas no limbo das cousas  que

non ocorren,

non se nos ocorren.

Alicia Piñeiro.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografías da serie ” A New Town” do fotógrafo David Novoa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: