Fagamos unha ponte entre a dor e a esencia
no lustre do inverno entre o frío e o alento,
sexamos a dor do engano , o corpo e o feito,
o derradeiro lapso de tempo entre os teus ollos e o meus,
a primeira palabra en que pensamos cando albiscamos o ceo
na procura dun azul concreto , na procura en definitiva
dun feito real de presente e fagámolo espidos.
A vergoña e o noso único inimigo ,
fartos estamos xa de camiñar entre ollos afeitados,
peles perfumadas e alentos artificiais.
Eu existo por vontade propia ,
eu son a cadea de ferro que me cobre o pescozo,
pero tamén o único que a pode afrouxar,
a cidade non existe cada vez que me falan os teus beizos ,
(non podes entender a miña necesidade de desaparecer,
non poder soportar a miña necesidade de desaparecer,
cando recordas a fraxilidade das túas mans na despedida)
máis eu no meu arrepiante xuízo deséxome a morte,
pra arredar das miñas conviccións o puro ,
mísero e tentador arte de fabular.
Ogán Domínguez.