Imaxe principal: Caminho Privilegiado
Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Programa Orballo do 30-03-2018 (para escoitalo podcast preme aquí)
Faladoiro: País de contrabandistas, nos últimos tempos o contrabando en Galicia é un tema que está de moda, seires, filmes e libros abordan en profundidade na historia dos nosos paisanos nestre gremio ó marxe da legalidade. Neste faladoiro miramos máis alá do narco, na procucar do xérmolo deste lucrativo negocio, os tempos do «contrabando da barriga». O historiador ourensá David Sánchez faranos de guía polas historias de contrabando na raia ourensá en tempos da posguerra. Quen foi o primeiro contrabandista galego? Que relación hai entre os contrabandistas e o guerrilleiros antifranquistas? É o mesmo o estraperlo e o contrabando? Como funcionaba?
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!