Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz. Neste capítulo:
Programa Orballo do 9 de novembro de 2018:
Faladoiro: Inflúen os medios nos nosos gustos musicais? A nosa mesa de colaboradores reflexiona sobre as influencias que os «medios comerciais» teñen en nós cando de música se trata. (10:53min-82:36min)
Sección: «Música con denominación de orixe», nova sección musical no Programa Orballo, espazo creado para difundir e achegarvos as propostas musiciais emerxentes de toda Galicia. Neste primeiro programa falamos de: Cuarta Xusta, Son da Rúa, High Paw e Neiz. (82:37min-95:25min)

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres as 18h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!