Quixémosvos en vida, os amamos en la eternidad

Autora: Melodi Parga Otero


O emprego do galego no ámbito funerario, unha breve aproximación

Xa fun perdendo o costume, pero ata hai ben pouco tempo adoitaba botarlle un ollo ás necrolóxicas dos xornais, as cales se atopan nun lugar moi oportuno: entre os anuncios por palabras e os pasatempos. Ben pensado, é o lugar ideal que deben ocupar, pois, coma os anuncios por palabras, aproxímannos unha información concreta, e condensada, mentras constitúen o pasatempo de curiosos coma min, ou de estudiosos de onomástica e escritores na procura de bautismo para as súas personaxes. Mesmo poderíamos dicir que este compoñente de anuncio-pasatempo da necrolóxica traspasa a prensa escrita para situar este tipo de documento nos escaparates dos bares, tendas de ultramarinos e paradas de autobús do rural galego. Así, non é extraño ver como de vez en cando nun día de mercado, tres ou catro persoas entablan conversa diante dun escaparate onde locen esas follas brancas orladas de negro que anuncian o pasamento dalgún veciño.

En Galicia, onde segundo o IGE, o 42% da poboación emprega o galego como lingua habitual, tanto as necrolóxicas, como os epitafios , aparecen escritos en catelán. De feito, tan só o 2% das esquelas, e unha de cada mil lápidas, empregan o galego, segundo datos do Faro de Vigo (2015). A loita pola mellora da saúde e do estatus do galego, que comezou hai décadas, exténdeuse por tódolos campos da vida, pero claramente a morte segue sendo unha tarefa pendente segundo estas estatísticas.

Imaxinemos por un momento a Galicia de dentro de cincocentos anos, onde os arqueólgos estudarán, entre outros restos materiais, as nosas necrópoles. Que lingua pensaran que falabamos habitualmente se o único trazo de escritura que quedara para daquela foran as pétreas verbas dos epitafios? Segundo os nosos cemiterios, nos non falamos galego.

Os factores que nos levan a este comportamento son varios, pero o principal é que o galego continúa sen alcanzar o debido prestixio en certos ámbitos, así por exemplo, en moitas parroquias do rural o castelán continua a ser a lingua preferida para a comunicación con Deus. É de supoñer, por tanto, que a lingua correcta para pedirlle ós veciños, amigos e familiares dun finado, que recen unha oración de sufraxio pola súa alma, sexa tamén o castelán. Por outro lado, a lingua empregada para a comunicación publica durante moito tempo foi o castelán, por iso as necrolóxicas adoptaron este idioma como propio, pois como diciamos ó comezo do artigo, este tipo de textos son esencialmente anuncios, comunicacións públicas de especial solemnidade. Asemade o epitafio constitúe unha apelación á piedade do que camiña por diante das lápidas, un memento mori especial que non só reflicte o amor que a familia lle ten ó finado, se non que no fondo, busca unha oración de sufraxio para alcanzar máis rápidamente a saída do purgatorio, por iso, de novo, se entende que o galego non é axeitado para comunicar co descoñecido, ou para pedir solemnemente ó veciño, que regale unha pregaria.

Por isto, aínda que amaramos e agarimaramos en galego tódolos días da nosa vida, as palabras que inzan os nosos camposantos, as verbas que moitos galegofalantes lle adicaron en pedra ós seus seres queridos, están escritas en castelán.


Para saber máis:

                                                     https://luzdetea.wordpress.com/

Un comentario en “Quixémosvos en vida, os amamos en la eternidad”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.