Que na hora do ciprés non me persigan lobos
e faledes amodo como existindo calados.
Que na hora do ciprés fechedes os ollos de min para curarme
e unha laxe poña firmeza aos anos poucos
que levaron esta luz fría.
Que na hora do ciprés percorra eu todo o nacido
e nunha lagoa preta
descanse dos días sen certeza
Amauta Castro
Fotografía: Xose Garrido