El bate as ás no chan e sinte a herba mollada
Pingado de auga doce dende o pico ate o ventre
Logo da treboada e das alturas
E do vento hoxe imprevisible.
(Vento frío , el abre os ollos)
Escoita o son que se precipita alén, na canteira,
Entre a néboa e o recordo.
(Vento e choiva, el abre e pecha os ollos).
Recende a lamprea cociñada,
A viño,
Que baixa da gorxa ate o ventre
Picando cos beizos o peixe
que sabe a area doce.
Bicando cos beizos o peixe,
esquécese,
Da choiva, das ás, dos voos, do vento e da herba.
Ogán Domínguez
Fotografía: Laura Blanco