Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:
Programa Orballo do 23-11-2018
«Teño Saudade»: nosos colaboradores discuten no faladoiro sobre dous termos moi nosos a saudade e a morriña. Que significan estas verbas? Inflúe a xeografía? É o galego unha ingua saudosa? Coma influíu na nosa música e literatura? Calquera tempo pasado foi mellor? Nesta ocasión contamos na compañía de Toño Varela cantante do grupo ourensán En Mala Hora.
Música con DO (Cp II): nova entrega da sección musical presentada por Nagore Fernández onde damos a coñecer música made in Galicia, nesta entrega: Oh! Ayatollah, GHZ e Rendi Nue.
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres as 18:30h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!