MÚSICA CON DO (II)

Autora: Nagore Fernández Ruíz


 

Na segunda entrega de Música con Denominación de Orixe escoitamos temas de Oh! Ayatollah, GHZ e Rendi Nue, tres propostas con estilos e referencias variadas que forman parte do panorama musical do territorio galego.

Música con DO (II) do 23-11-2018

 

 

thumbnail_Oh Ayatollah- Fonte Facebook
OH! Ayatollah (facebook)

 

Oh! Ayatollah é o grupo encargado de inaugurar esta nova selección a ritmo de pop. Creouse en Santiago de Compostela no 2015 e tras tres anos de concertos e ensaios ten varios proxectos publicados, destacando o EP de 2016 titulado Cancións por se non te queren xa e o LP Volve a canción protesta, que viu a luz neste 2018. O tema que vos achegamos forma parte deste último disco, leva o mesmo nome que o álbum e é o encargado de pechalo.

RRSS: @ohayatollah en Instagram, Twitter e Facebook

YouTube: Oh! Ayatollah

 

 

GHZ- Fonte Facebook
GHZ (facebook)

 

Os membros de GHZ traen a ración de rap deste segundo capítulo. O colectivo creouse no 2017, ano no que comezaron a funcionar conxuntamente os MC´s Willow e Ganjack xunto a Dj Rapu no son. A formación sacou diversos temas, dende o seu estreo con Abran paso  ata o máis recente titulado Chapapote. No podcast presentamos Veleno, un traballo no que tamén participa o rapeiro Hugo Guezeta, membro de Son da Rúa, cuxo vídeo gañou recentemente o premio a mellor videoclip no festival de Curtas de Armadiña.

RRSS: @GHZnews en Facebook

YouTube: GHZ TV

 

Rendi Nue- Fonte Instagram
Rendi Nue (Instagram)

 

A artista Rendi Nue pecha a edición con Déjalo, o seu último sinxelo. Cunha longa traxectoria nas costas, comezou a súa carreira en solitario no 2013 cun estilo que parte do soul, o rap e o reggae. O seu primeiro proxecto como solista foi o EP Zero publicado no 2014, e un ano despois viu a luz o disco Shiva, no que conta con numerosas colaboracións de MC´s galegos e produtores nacionais. Tras dous anos de xira e concertos, neste 2018 sacou dous temas baixo o selo Creo en Mi Producciones entre os que destaca o que sona na nosa lista. Trátase dun canto á liberdade da muller e a loita contra as violencias machistas, cunha letra cargada de emoción e sentimento que transmitimos dende Música con Denominación de Orixe.

RRSS: @rendinueofficial en Facebook, @rendinue en Instagram e @Rendi_Nue en Twitter

YouTube: Rendi Nue – Creo en Mi Producciones

 


Edicións anteriores:

Música con DO Cp 1


 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.