Concentración da selección galega nunha fin de semana de descanso para a liga

A segunda volta comeza de novo o próximo sábado nove de febreiro, mentres, a selección galega concéntrase de cara ao mundial que terá lugar este ano

Autor: Roberto Nespereira Pereira


Aproveitamos a xornada de descanso para centrar a nosa atención na selección galega e facer un pouco de retrospectiva. A concentración desta fin de semana é produto dunha andanza que comezou no 2012, cando o Campo de Narón foi testemuña do primeiro encontro entre Galicia e Bretaña, do que saíamos vitoriosos.

Seleción Galega Fútbol Gaélico

Ambas equipas volveríanse ver a cara o ano seguinte no Festival Intercéltico de Lorient (agosto de 2013). Desta vez a selección perdía, máis a experiencia non podía ter sido máis produtiva e aínda que durante 2014 non se concretou ningún partido no estranxeiro, a AGFG organizou dúas xornadas de fútbol gaélico nas que entraba xa en escea a selección feminina. Foi neste ano cando se desenvolveu o proxecto da Liga Galega

Este ano, o 2014, foi crucial para o desenvolvemento da Liga Galega no que Jerry Holmes ten un papel moi importante. Este irlandés chegou a Galicia para desenvolver un proxecto Erasmus centrado no deporte, en concreto, no fútbol gaélico. Grazas a súa axuda hoxe o gaélico é unha realidade na nosa terra. Deíxovos esta entrevista por se queredes coñecelo máis de preto.

Durante 2015 a selección tivo a oportunidade de participar nos primerios World Games que organizaba a GAA (Gaelic Athletic Association) en Abu Dabi, e en 2016 repetíamos participación nos Xogos mundiais en Irlanda con motivo do centenario deste deporte.

A selección tomou un merecido descanso en 2017, aínda que este ano non ficaría esquecido, xa que foi testemuña dun encontro amigable entre a selección galega e francesa que se convertiría no primeiro partido de fútbol gaélico retransmitido en televisión fora de terras Irlandesas. Podedes rememorar este acontecemento neste artigo que publicamos aquí na revista Orballo.

Sen dúbida a data máis salientable ata o momento chegou o ano pasado, cando a selección feminina resultou vencedora do campionato europeo. En bo lugar quedaba tamén o equipo masculino que acadaba o título de subcampión.

No horizonte cercano atópanse os próximos GAA World Games que terán lugar en Dublín e congregará a equipas de todo o mundo. Sen tempo para tomar folgos entramos no 2019, unha tempada decisiva para a consolidación dun deporte cuxa historia se remonta ao século XIX. Para rematar, deixámosvos con este divertido vídeo que explica as orixes do Fútbol Gaélico como movemento de resistencia.

A competición volve esta fin de semana, así que tendes unha cita en puntos de toda a xeografía galega. En canto ao equipo da cidade, o Auriense, xoga fora o sábado en Lalín (feminino) e o domingo en Pontevedra (masculino).

Ata a semana que ven.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.