O Auriense F.G. e Afiadoras volven á competición nunha fin de semana moi intensa.
Autor: Roberto Nespereira Pereira
Antes de entrar na crónica desta pasada fin de semana vouvos explicar unha particularidade do fútbol gaélico: a liga oficial, a federada, só permite equipos segregados, é dicir, femininos ou masculinos. Sen embargo Galicia é escenario dunha fermosa particularidade, a Liga Gallaecia, unha liga mixta onde xogan equipos formados por homes e mulleres.
Liga Gallaecia

Afiadoras de Ourense enfrontouse ao equipo coruñés de Cascarilha. O equipo local venceu por 29 puntos (6-11) a 1 (0-01).
Liga Feminina – Xornada 10
As rapazas desputaron en Lalín un partido moi axustado contra Herdeirxs de Dhais, campionas de inverno que manteñen a súa posición de imbatibles sen ningún partido perdido no que vai de liga. O marcador remataba con 26 puntos para Herdeiras e 24 para o Auriense. Quenes se achegan de público aos partidos poden dar conta do alto nivel no que están a xogar os equipos femininos esta tempada.

Liga Masculina – Xornada 14
Pola súa banda o equipo masculino non deu opcións ao Pontevedra F.G. O campo da Xunqueira foi testemuña do alto rendemento no aque se atopan os rapaces. Aínda quedan opcións para clasificarse ao Campionato Ibérico, veremos qué acontece nas seguintes xornadas.

A clasificación a día de hoxe atópase da seguinte maneira:


Se tendes curiosidade e queredes saber o que se vive nun partido de Fútbol Gaélico, sabede que despois do parón da semana que ven (no que non haberá ningún encontro), a maioría de partidos restantes, desputaranse aquí na casa, en Ourense.