De Alicia Piñeiro
Menuda continxencia a do eu.
Eu
Eu son eu en Xaneiro
en días de f r í o e chuvia
taciturna.
Eu son eu en Xullo
contenta e abraiada
de sol e area e cinsas en Thissio.
En son eu os días de ciclo,
apoucada,
buf, rematada
magullada polo peso
do que sempre quixen ser e
parece que nunca serei.
Eu son eu en entrevista de empresa,
perreo intenso en discoteca
e en ausencia de café.
Eu son eu os primeiros días de regla,
gata en celo,
muller forte.
Eu son eu eu cada día,
e non son nada nunca,
Eu son eu cando quero quedar e cando quero marchar
Eu sono todo,
o todo non é tanto…
todo non é nada.
