Rompéronlle os beizos para non falar
Do ceo do seu pensamento e para
Non escachar co ferro inmaterial das conquistas:
Deberíamos ameazar a nova estirpe,
Deberíamos arrincar a pel para adiviñar a cor dos guerreiros,
Da tribo do noroeste da Iberia,
Así combatermos os mediocres dende os osos ate os músculos.
Para non ter medo a quen non ten ás
E romper ca ditadura da imaxe.
Nós, que sentimos unha discusión coma a guerra
A batalla do home contra historia,
Arredor do cemento que nos cuspe e clama vinganza,
Fillos da memoria dos antigos, que levaban o lume no peito
Fillos de Navia a quen adoramos
E quen santifica as nosas almas.
O viño que teña sabor a sangue,
E a carne que aínda conserve a suor
Dos que non morreron por nós, se non pola súa bondade.
Non queremos pais modernos que esquecen o pasado
Coidemos das mans das nosas avoas como do refuxio
Interminable da sensible nova raza que romperá
No solpor o cárcere do seu instinto.
Somos animais contra os mediocres
Somos animais contra os mediocres
Somos ás engurras das mans das nosas avoas
Os ollos sapientes dos avós do século
E somos certeza de que nada vai mudar.
Para romper ca ditadura da imaxe
Non fan falla certezas,
So odio a vertente tecnolóxica,
Seremos animais sen medo,
a man esquerda Lois pereiro,
E na dereita o alento indomable de Pondal.
P.