Calo.
Pois non teño nada que dicir
Ou eso é o que din,
Os que dicir teñen.
E como eles así o din,
Acoigo as verbas e escoito,
Como asesinan liberdades
Beizos tinxidos da sangue
Dos heroes caidos, convictos
De contar como é o mundo
Cos seus ollos.
Escoito
,Frémitos dun soño caído
Gritos dese irreal paraíso
No que todos podemos falar
Sen medo e con fundamento
De como se sinten os latexos,
Do noso corazón ó andar.
Calo, Escoito.
Coitelos,
E ó seu fío cortar Verdades non-natas
Olladas novas
Que xa non poderán saír a pintar
Ó mundo como o ven.
ESCOITEI.
Xuro que escoitei
E que foi de tanto escoitar
Como deixei de escoitar
Pois o discurso dos que tanto tiñan que dicir
só dicía que eu non tiña nada que dicir.
Calei,
Escoitei,
E é agora cando falo.
Serei eu o preámbulo,
Que abra as portas,
Que rompa as cadeas,
O medo, a vergoña, a falsa moral, a política rancia
Que cree que nos pode controlar,
Limitar, Obrigar a calar.
FALAMOS.
Para que así eles poidan voltar a falar
Asasinar, criticar,
Tentar outra vez acabar
Con estas nosas verbas,
Mentres estas,
Fan ó mundo despertar.