TPDH I: O PIRATA DA MOUREIRA

Coñecedes a historia do galego que foi considerado o derradeiro pirata de Occidente?

“Bajel pirata que llaman,

Por su bravura El Temido,

En todo el mar conocido

Del uno al otro confín.”

(“La Canción del pirata” José de Espronceda)

Estes versos do poema de Espronceda son de sobra coñecidos. Nesta obra o autor pretende salientar a idea da liberdade absoluta,  a vida ao marxe das normas que nos marca a sociedade, representando estes ideais na figura do pirata. Sabedes que famoso pirata inspiroulle para facer esta obra? Pois diso imos a falar neste primeiro capítulo de Tralas Pegadas da Historia. Imos ir tralas pegadas do chamado derradeiro pirata de occidente, o galego Benito Soto Aboal.

A forxa do pirata

O noso protagonista nace alá por 1805, concretamente o 22 de marzo, no barrio mariñeiro da Moureira, en Pontevedra. Foi o sétimo fillo dunha familia de catorce irmáns. Seus pais eran descendentes dunha longa saga de mareantes pontevedreses. Dende cativo  o Benitiño aprendeu,  axudando a seu pai e seu tío, os dous negocios familiares a pesca e o contrabando, destacando neste último. Eran anos difíciles, a guerra contra o francés destruíra a península Ibérica e cada un saía adiante como podía. En 1823, con dezaoito anos, embarca rumbo a La Habana na procura de fortuna.

Grabado cidade de Pontevedra no século XIX

No Novo Mundo a vida non era moito máis doada, eran os tempos das revolucións independentistas nas colonias hispanas. Soto enrólase en barcos corsarios cubanos e negreiros onde se inicia na arte da piratería. En 1827 chega a Río de Janeiro onde embarca no  negreiro brasileiro Defensor de Pedro. A tripulación do buque era moi cosmopolita, estaba integrada por brasileiros e portugueses na súa maioría pero tamén había franceses e algúns españois (dous deles galegos). O 22 de novembro de 1827 o Defensor de Pedro parte cara a África ecuatorial para aprovisionarse de escravos negros, na viaxe o pontevedrés destaca pola súas dotes de mando e manexo da tripulación, empeza a indagar quen estaría disposto a unirse a el no seu futuro proxecto:  facerse co barco en canto a situación sexa axeitada.  A ocasión deuse ó chegar a terras africanas onde Benito e seus seguidores toman o control da nave unha noite e deixan ó capitán e algúns oficiais tirados en terra firme, unha vez rematado o motín é escollido novo capitán. Comezaba o momento de facer fortuna na mar, nacía o mito da Burla Negra.

As andanzas dos piratas da “Burla Negra”

A primeira vítima dos novos piratas foi a fragata británica Morning Star, o 19 de febreiro de 1828, que levaba mercadorías e pasaxeiros a Londres dende América, no asalto fixéronse cun rico botín no que destacaban xoias da India e moedas de prata. O seguinte da lista de asaltos foi a fragata americana Topaz, o 29 de febreiro, a cal tras varias horas de persecución foi asaltada e saqueada, facéndose os piratas con saquiños de pedras preciosas e unha talega de pesos cubanos. Nestes dous asaltos Soto demostrou ser un cruel asasino:  á tripulación e pasaxeiros do Morning Star mandounos matar a todos (mulleres e nenos incluídos) e acto seguido afundila nave para acabar cas probas, mais nesta ocasión seus homes non cumpriron cas ordes e só barrenaron o casco da nave para que o mar fixese o traballo sucio; na Topaz ordenou masacrar á tripulación e prenderlle lume ao barco, e esta vez as ordes foron cumpridas o pé da letra. Tras botar contas do gañado nestas abordaxes Benito viu que xa tiñan dabondo e decidiu que era bo momento de xubilarse, polo que ordenou a volta a Galicia. Durante esta derradeira viaxe asaltaron varios barcos: os británicos Sumbray e New Prospect e a fragata portuguesa Ermelinda, esta vez os asaltos non produciron vítimas xa que os piratas estaban “xubilados”.

O Defensor de Pedro atacando o Morning Star

Mais non todo era ledicia no reino do pirata. Xa tan pronto asumira o mando do barco o ferrolán Ferreira disputáralle o mando, para solucionalo Soto puxo en práctica o dito “morto o can rematou a rabia”, unha noite el e un dos seus fieis foron ao camarote do seu inimigo e cosérono  a balazos e despois guindaron o corpo pola borda. A outra pedra ca que tropezou o reinado do Benito foi o motín dos portugueses na viaxe de regreso a España, mais este foi descuberto a tempo e rematou ca detención e morte dalgúns dos conspiradores.

A accidentada “xubilación” dos piratas de Soto

O 10 de abril chegaron a Pontevedra onde Soto contactou cos seus parentes, alí disque foi recibido cunha festa por todo o alto en Marín, na igrexa de Santa María do Porto. Na casa do seu tío deixou o tesouro de xoias e pedras preciosas que lle correspondían coma capitán e seguindo as indicacións de seus socios pontevedreses marchou á Coruña a vender alí as mercadorías roubadas, onde déronlle unha letra de 25000 pesos a conta do vendido para cobrar en Xibraltar.

Tras disto puxeron rumbo ao estreito, mais a fortuna abandonou ós piratas nesta travesía. O chegar a augas andaluzas confundiron o faro de Tarifa co da illa de León en Cádiz e o barco embarrancou, suceso que chamou a atención das autoridades gaditanas.  Soto e algúns compañeiros fuxiron a Xibraltar dende Cádiz, librándose da prisión, os demais piratas non tiveron tanta sorte e foron apresados en canto  empezou a correlo rumor das súas andanzas. Na colonia inglesa a sorte de Soto non foi a mellor xa que non puido cobrar a letra. Para colmo de males resultou que o primeiro barco asaltado, o Morning Star, non afundira con toda a xente de abordo e os superviventes do asalto lograran facelo chegar a Londres; alí denunciaron o caso e as autoridades inglesas puxéronse en contacto cas españolas para que os piratas foran levados ante a xustiza. Os tripulantes do Defensor de Pedro que se atopaban en España foron xulgados en Cádiz, onde os máis achegados a Soto foron aforcados o 11 e 12 de xaneiro de 1830.

A fin do home e o nacemento do mito

As autoridades anglo-españolas buscaron ao galego, ao cal capturan no peñón o 6 de xuño de 1828 tras ser recoñecido por un pasaxeiro do Mornig Star. Alí os británicos acusárono de piratería e condenárono a morte, sendo aforcado un chuvioso 25 de xaneiro de 1830. Tiña 25 primaveras. Disque Benito, antes de ser axustizado, mirou con soberbia ao xentío reunido para velo morrer e berrou: A función rematou!

Benito Soto Aboal

Tralos feitos quedou a lenda dos piratas da Burla Negra, nome que os británicos déronlle  ao Defensor de Pedro por unha equivocación da prensa inglesa, xa que Black Jocke era como se chamaba outro barco corsario. Moito se falou de onde estaría agochado o tesouro que Soto déralle a seu tío en Pontevedra, algúns dicían que a pantasma do pirata se aparecía na horta familiar rabuñado a terra na procura do seu botín. Outras lendas da cidade de Pontevedra sinalan que o tesouro está agochado no pozo da Casa das Campás, hoxe sé do vicerreitorado da universidade, casa que ten fama de sela máis antiga da cidade do Lérez; outros din que o tesouro apareceu durante unha obra nunha vella casa mariñeira e o contratista da obra marchou a Portugal, e volveu rico ó cabo de seis meses. A lenda estaría abalado por unha serie de cartas entre Benito Soto e seu tío, onde este último dille que a presión das autoridades impídelle dar saída as xoias que o sobriño deixáralle en custodio. Feitos coma a aparición en 1904 na praia de Cádiz de 1500 pezas de “duros antiguos” que foron relacionados cos piratas do Defensor de Pedro fixeron aumentar a lenda de Soto e seus camaradas.

Tralas pegadas de Benito Soto e seu tesouro

O tesouro non deixa de ser unha pegada no imaxinario popular, pero dispomos doutras que a historia corrobora, coma son a antiga casa familiar de Soto no barrio da Moureira, sita na rúa de San Roque de Abaixo Nº7, ou a casa do tío do pirata, Xosé Aboal, que estaría preto do antigo concello de Marín. Aínda quedan parentes recoñecidos do pirata a día de hoxe, coma é o caso do artista pontevedrés coñecido coma Pulpiño Viascón, descendente dos Aboal de Marín.

Ríos de tinta correron sobre a vida de Soto e incluso documentais, filme non temos aínda que se propuxera levalos a cabo, a fin de contas Benito non era anglosaxón. No eido literario temos numerosos exemplos:

-González de Vega, Gerardo. Mar Brava. Ed. B, Barcelona, 1999. (Ensaio)

-Fortes López, Alberto. Navegantes, corsarios y piratas: Rías Baixas (1780-1850), Ed. Alberto Fortes 2001.

-Parada Mejuto, Jorge. O pirata da Moureira Ed Xerais Vigo 1994.

-Fortes, Alberto. Amargas han sido las horas. Las aventuras del pirata Edgar Allan Poe. Ed Novo Século 1992 (novela)

-Miranda, Xosé. Morning Star.  Ed. Xerais, Vigo, 1998 (novela)

Para aqueles que queirades indagar aínda máis sobre esta historia tédela serie documental emitida na TVG O Explorador, que no seu tereiro capítulo, chamado “O derradeiro Pirata“, van tras da pista de Benito e seu tesouro.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .