OPINIÓN: A MARXE DO TEMPO

Autor: Pablo Gómez Portas

Os museos de verdade son lugares onde o tempo transfórmase en espazo.

Orhan Pamuk

Vivir o momento dicían os antigos , desfruta o momento din ás filosofías cuase nirvanianas en relación o grupo musical. O hedonismo como lema, como bandeira, o presente, o feito concreto, o momento exacto, en que minuto estás? Xa da igual que “Tempo fósil” de Pilar Pallarés gañara o premio de poesía do ministerio de cultura, da igual que o título sexa absolutamente metafórico, xa foi, xa pasou e que importan as verbas insubstanciais dunha vella? Os vellos son vellos non saben, non están no presente, non poden opinar e cando opinan calamos e non por respeto se non por caridade. A prosa deixou de existir xa hai tempo, agora lévase o presente ,  o momento actual, nada de plans a longo prazo nada de visos de que algo pode mudar, podemos mudar o presente berramos, mentres Coelho aplaude e tamén os bancos e tamén as cadeas de comida rápida e tamén as tendas de roupa que non queren que pase o emigrante, vivir so por vivir no presente sen ter en conta ritmos nen filosofías , vivir no érmolo da vida cotiá , hoxe e so hoxe é o que pode pasar polas cadeas e engranaxes do feito e da existencia. Ás modas e os lemas son un soio e un, impaciente, reivindica o que sucede no absoluto presente, na necesidade de estar. Perder o tren nunca estivo de moda, se lle tiras unha fotografía o tren mentras o perdes estás salvado  e que a imaxe pertenza a nube intanxible . Ninguén coñece Pizarnik nin o premio nobel de literatura Orhan Pamuk, non importa que ás súas reflexións viaxen entre oriente e occidente mostrando as diferencias e as cualidades sobre como se contempla a relación interparental tanto no mundo árabe como no noso e como elo está relacionado co substrato cultural . Se non estiveches “alí” non podes opinar pero é que non quero opinar, da igual que Orhan diga que pintar é recordar a escuridade, da igual recordar que pintar humaniza, da igual a non ser que se diga no absoluto presente e que a reflexión suceda nun minuto concreto, nun dia concreto, nunha resposta rápida ,e que mañá literalmente desapareza.

No libro do escritor turco Pamuk “ A muller do cabelo vermello” o protagonista comeza traballado dende moi pequeno como poceiro ás ordes dun mestre o cal vai a ser máis que un xefe, vai a ser un antes e un despois na súa vida e na forma de asimilar o feito do que lle aconteza no futuro. O  protagonista desta derradeira novela do escritor turco narra: Mahmutt Usta (O xefe) tamén desfrutaba moito enumerando as cousas que os estambulís levaban séculos arroxando ou escondendo nos pozos. Naqueles vellos buratos o mestre atopara espadas, culleres, botellas, lámpadas, bombas, fusís, pistolas, bonecas, cranios, peites, ferraduras e os obxectos menos imaxinables. E tamén moedas de prata. Era evidente que algunhas destas cousas tiráranas a pozos secos e esgotados ca intención de escondelas, máis logo, co paso dos anos e dos séculos, esquecéranse delas. Que curioso , verdade? Que significaba que unha persoa depositase algo valioso e querido nun pozo para logo esquecelo?

O feito de tirar utensilios a un vello pozo para desfacerse deles pode ser unha resposta humana o abandono do pasado pero de maneira retórica. Unha retórica explicable no feito de que Turquía como país de cultura árabe sufriu de sobremaneira o encontro coa sociedade occidental e decidiu apostar por coller o tren do progreso que alimentaban tanto Europa coma os Estados Unidos. Sobre todo este derradeiro país o cal esixe ás comunidades que se integren nesa súa forma de ver o mundo como un exemplo cultural que debe reproducirse ritualizado con fins de consumo. Deben tamén integrarse os países civilizados no órdago do templo occidental e esquecer que é o que a vida debe supor para unha persoa máis que o propio beneficio persoal e felicidade cuase canina  referíndome como exemplo ós  domadores de cans cando afirman(que os cans) son felices cando obedecen. Pero por que o tempo presente e a actualidade cuase como relixión forma parte da nosa sociedade e todo elo parece que nos leva a recoñecer que existe unha guerra cultural?

A guerra cultural e a proposta máis firme deste século como ente organizativo e de intereses, a guerra cultural e unha guerra desprazada que atende os intereses da chamada clase media establecendo unha serie de acentuados requisitos morais que viaxan encol dos aspectos culturais da clase traballadora definindo a cultura como aquelo que afirma Slavoj: “Cultura e o nome de tódalas cousas que practicamos sen crer nela”. E polo tanto sería como poñer a árbore de nadal sen crer no nadal ou asistir a manifestacións polo clima sen manter ningún tipo de compromiso explícito. A guerra cultural afonda na necesidade de crear necesidades e desexos que van alén do concepto de felicidade, felicidade que é entendida por esta auto-denominada clase media coma fin absoluto  en ter bens materiais en vivir no luxo e no confort alo menos no subconsciente da maquinaria occidental de medios de comunicación e grandes xigantes da produción audiovisual. Todo isto forma parte da nova sociedade de consumo tamén dos países neoccidentalizados que se cadra seguen a ritualizar coa teoría do pozo de Mammut Utsa. Voltando de novo o eixo temporal onde nos atopamos debemos afirmar polo tanto que non so ás cuestións puramente morais como vimos con anterioridade e tampouco as culturais son causa e efecto da orientación cultural marcada tanto por Europa coma polos EEUU, se non tamén as cuestións de carácter temporal, as cales axilizan o proceso de occidentalización facendo entender que un conflito  dura o que dura a actualidade e so os medios atenden a súa relevancia subxectiva da audiencia subxectivada e aferrada o hoxe e o agora.

Arriba recomendacións literarias Pamuk e Zizek, no medio o escritor Turco Orhan Pamuk.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.