Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Burbullas de sentimento

Calma, colle aire, sopra,

polo que queres, loita

polo que máis queiras, sopra,

non deixes que se rompan.

Mantén as burbullas voando, tolas.

Sopra, todo o aire, fóra dos pulmóns,

que se caen, colapsa o corazón,

québrase a alma, outra vez,

e  nós deixamos de ser

nexo común do verbo querer.

 

– “Mais, miña meniña, ¿non o ves?

Arritmias descontroladas,

bágoas derramadas na almofada,

pola morte das bolboretas, envelenadas,

polas súas voltas na cama,

polas súas falas aloucadas,

nas que te chama amor, sen cho facer.

Insidioso proverbio o do seu later,

que con data de caducidade,

na túa desexada eternidade,

faite escoller entre a fin e morrer.”

 

Claras burbullas de sentimentos,

¿Non escoitas os seus berros?

pouco a pouco, caendo,

deixándose enterrar no chan

buscando, esperando as túas mans

para poder volver, e voar,

e romperse en mil pedazos polo vento,

que nos cubran enteiros,

que nos devolvan  o “nós” verdadeiro.

 

-E… si,  vexo.

Folga da enrabechada paixón,

que morre de fame de ti,

culpándome a min,

de non ter un fogar digno no teu peito

de perder os seus dereitos sobre  teus beizos

 

E si… véxome, reflectida no  teu espello,

e non quero,.

Verme en ti é ser cero,

é ser obsoleto, antigo pasatempo,

é ser outra máis, morrer polo medo,

de ser eu a muller da que escapas sen tento.

 

Calma, colle aire, sopra,

burbullas de illamento,

sentimentos caendo.

Sente o poder da cólera,

dos “Quérotes”  engaiolados,

sen o seu significado.

Coitelo en man, “Nós” agonizando,

levanto o puño, movemento ríxido,

 

Pola nosa liberdade, polo noso futuro,

repitamos xuntos: “Fin do espectáculo”.

 

Autora: Uxía Rodríguez Negreira

Ilustración: Laura López López

unnamed

 

 

Poema de Alicia Piñeiro

4ºB: Unha bicicleta,

xeranios

de todas as cores

e unha muller gris- fechada na idea de melancolía

tras unha fiestra

enfiadas,

milleiros de bragas

todas iguais

todas impolutas, brancas

 

6ºC: Unha idea

cortinas

soñadoras, misteriosas

enmarcan un nada e un todo

pechando ao ente

circular

en 20 m cadrados

2ºA:

Coido que,

non acado a ver

só unhas reixas

 

5ºD:

Un aparello de aire acondicionado

empapado

pola miúda

e constante choiva

do 13 de Outubro, martes.

Incontables

ventás

innumerables vidas,

de seres

que son

que se di que existen;

 

pechados e imaxinados

entre tabaco e té

a esta hora sempre verde.

 

1º… e un bus azul.

Poesía : Alicia Piñeiro

Fotografía David Nóvoa. (https://davidenese.wordpress.com/)

a_new_town_vol_iii_0002.jpg