Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

THE HOLE

Once e cinco da noite. O auditorio de Ourense en pé, completamente. Unha imaxe memorable, o corazón emocionado e unha dor de mandíbulas inimaxinable. Así remata a función de The Hole. Pero retrocedamos dúas horas e media antes. A Madame revisa cada asento e vai dominando a toda aquela persoa que non se remova no sitio. Arranca a función. A Mestra de Cerimonias, Cristina Medina (pode variar segundo as datas) comeza  levarnos a un mundo trepidante, burlesco, cun humor provocador, sen disimulos, divertido, … que en poucos segundos xa ten aos espectadores no peto.

The Hole 1
Cartel de The Hole

Dende o minuto cero, toda aquela persoa que entrou no “agujero”,  non quererá saír del. Será atrapado por cada historia, por cada movemento e por cada sinal de amor (literalmente). Xa será partícipe deste submundo tan chispeante.

The Hole 2
Cristina Medina, MC en Ourense

Todo é posible en “The Hole”. O surrealismo e o absurdo, a beleza do burdo, a sensualidade do sexual, son o fío condutor nun show que vai máis alá de ser encasillado nun xénero teatral: é musical, burlesque, teatro e pura diversión. Personaxes que entran e saen, cada un contando ao seu modo a súa historia, a súa posición no buraco. É imposible aburrirse aquí: un ponny loco-stripper, unha madame dominadora, as Supernenas con acrobacias imposibles, mordomos cantando ao amor a capella e un amor…peculiar, cando menos. Todo isto enmarcado nun decorado vivalista, cheo de cor e luz. Un espectáculo único, diferente, orixinal, que non deixará indiferente a ninguén.

De idea orixinal do sempre sorprendente Paco León, da veterana compañía Yllana e da produtora especializada LetsGo, o resultado non podería ser outro.

Tras dúas horas e vinte minutos de descanso, todo chega ao seu fin, non sen antes resumir dun xeito adecuado todo o vivido na sala. E é que o que pasa no “agujero”, quédase no “agujero”.

Como diría a Mestra de Ceremonias: “Sí amigos, hay que estar en el agujero para salir del agujero, hay que vivirlo todo, pero hasta el fondo, a tope; aunque a veces duela, en la salud y en la enfermedad, todos los días de tu puta vida, para que cuando te llegue el momento, puedas gritar a boca llena: sí, amigos, yo he vivido.”

Así que xa sabedes…vivide, vivide, pasádeo ben, tende a mente aberta, desfrutade de cada momento, por moi escéntrico que nos pareza…ao final é o que conta…saír do buraco.

Laura González Borrajo

Que non saiban que os vampiros, foron persoas unha vez

O día pasaba tan lento

coma a sede de tres meses sin foder.

Pero cando chegaba a escuridade da noite,

alumeaba a miña vida sen sentido.

Vamos, vístete!

Píntate coma a morta máis viva,

ponte o sorriso, agocha os cabeiros

para o momento de ataque.

Coma un vampiro sedento de alcohol,

que absorbe pescozos desamparados.

Necesito saciar as miñas gañas de chorar,

necesito converteros laios en orgasmos.

Cunha pirola dentro

o baleiro está máis cheo.

Vamos, métema!

Logo de pasarche o veleno,

daraste conta de que estou máis morta

que as flores do cemiterio

o día de todos os santos.

Vamos, vístete! Imos foder licántropos.

Agóchate, ponte a máscara,

que non saiban que os vampiros,

foron persoas unha vez…

3
Ilustración de Antía Alberte Maneiro

Antía Alberte Maneiro

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/