Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Capítulo 21: Como nos afecta a tecnoloxía?

Xa está aquí o Programa Orballo 21:

Programa Orballo 21 (Para escoitar o podcast preme aquí)

Neste capítulo entrevistamos ó músico compostelán Luis Emilio Batallán, unha entretida conversa na que repasamos a súa carreira musical e a chamativa evolución da mesma.

maxresdefault
Luis Emilio Batallán

No faladoiro: A sociedade e as novas tecnoloxías, como mudou as nosas vidas ás novos tecnoloxías? E as relacións sociais? Farán que o futuro sexa mellor ou non? A estas e moitas outras preguntas tentaremos darlles resposta.

Team of creative people taking a break and using computer.

Lembrade que podedes escoitar o programa en directo cada venres de 18:30 a 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

O circo da dignidade

Cubrín o meu corpo coa languidez

da vergonza para non espantar

os asistentes durante a recepción.

Ocultei tamén o pé dereito

por medo á carne máis lasciva

e no meu interior activouse

o mecanismo máis obsceno.

Ao comezo ofrecín aos espectadores

a voz como única identidade.

Logo fun desvestindo aos poucos

cada centímetro de pel

e invoquei todo o que suprimira

de min de xeito consciente.

Eles, aínda ignorantes da mudanza,

seguían prendidos do sinuoso fío

da miña voz.

Ao final, espida por completo,

calei.

Eles contemplaron

e comprenderon que eu non era

o que sempre viran.

Servinme entón da rosa

e tatueilles nas mans

o circo da dignidade.

Tamara Andrés

Fotografía: Carlota Mosquera «Hilo»