Agora que se acaba de difundir a noticia da morte de Paloma Chamorro, estaría ben reivindicar a súa figura. Tamén estaría ben facelo antes, quizáis, pero semella que nunca se rematará con esa manía de ser os máis «cremas» ata cruzar ese túnel que din que se aparece no limbo celestial.
Entrevista á actriz ourensá Laura Míguez, que nos falará da súa obra de teatro Resaca, que estes días represéntase no Auditorio Municipal de Ourense.
Laura Míguez
No faladoiro de hoxe: “A evolución dos medios de comunicación en galego”: Co gallo do 35 aniversario do parlamento galego analizamos unha das novidades que trouxo a autonomía, a fundación da RTVG, como evolucionou este medio nestes anos? Ten futuro o galego coma vehículo de transmisión nos medios de comunicación e entretemento? Para este espazo hoxe contamos ca colaboración especial de Moncho Lemos.
Moncho Lemos
E para rematar unha nova entrega da sección musical Doña Melitona, nesta ocasión dedicada ó mítico programa da TVG Xabarín Club.
Lembrade que podedes sintonizalo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz tódolos venres de 16:30 a 18h. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.