O «Costus» da movida madrileña

Agora que se acaba de difundir a noticia da morte de Paloma Chamorro, estaría ben reivindicar a súa figura. Tamén estaría ben facelo antes, quizáis, pero semella que nunca se rematará con esa manía de ser os máis «cremas» ata cruzar ese túnel que din que se aparece no limbo celestial.

Seguramente, aparecerán unha serie de monográficos adicados á Movida Madrileña e a todo o que elo significou, obviando nese contexto, seguramente, outro tipo de movementos que se deron na periferia, quizáis incluso adiantándose á capital, e cunha idea de transgresión moito máis real e efectiva que a proxectada dende Madrid.

Non obstante, en 1977, unha parella de artistas plásticos mudan a súa residencia a Malasaña, mítico barrio por excelencia do que significa o alternativo e rock and roll, para comezar unha singladura especial, deixando pulular polo lugar a diversos persoeiros que tiñan inquedanzas ó redor de todo o que se achegase a significar algo no eido da cultura.

lola
Mural de Lola Flores e Yul Brinner. Primeira obra conxunta de Costus

Desta maneira, a vivenda destes dous artistas, que no ano 1981 deciden traballar baixo o seudónimo de Costus, convértese no esceario de reunións de personalidades varias como Pedro Almodóvar, Tino Casal, Nacho Canut ou Carlos Berlanga. Á súa vez, serviu este espazo tamén como lugar de rodaxe dalgunhas das películas que despois se apadrinarían baixo o símbolo da Movida, como Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón.

Xa metidos de cheo na movida, Enrique e Juan Costus, que se relacionaban como parella sentimental, tamén se comenzarían a conformar como parella artística. Farían, a partires de entón, unha serie de exposicións, sempre de forma conxunta, en diversos lugares, coma Nova Iork, varias cidades de Reino Unido, Madrid e, por susposto, Cádiz, onde se coñeceran a mediados dos anos setenta estudiando Belas Artes.

Tamén nestes anos oitenta farían a portada de algún dos discos entroncados no movemento, como foi o caso de Topo ou Alaska y los Pegamoides, e incluso participaron de algún máis veterano que non tiña nada que ver co «rollo,» como no caso de Juan Pardo, na que fixeron o deseño interior da súa interpretación do «Caballo de Batalla.»

13183374_816436935154047_184748568_n
Interpretación del Caballo de Batalla por Costus

A súa estrela apagouse a finais dos oitenta, mais concretamente en 1989, cando ambos perderon a vida cun mes de diferencia un sobre o outro. Dende aquelas e ata hoxe, tiveron máis exposicións das que puideron realizar en vida, teñen unha fundación ó seu nome e na rede pódese atopar toda a información que se queira sobre a súa vida e obra. Así que nada, xa se sabe que as tumbas están de mitos e lendas cheas. Cando sexa o décimo aniversario da morte de Paloma, supoño que terá tamén un recoñecemento grandioso para ela, ese que en teoría lle quixeron negar en vida.

Autor: David Conde Seoane

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.