E ti, Irene Rosales, aceptas a Kiko Rivera DJ como lexítimo esposo? Prometes serlle fiel na riqueza e na pobreza , na prosperidade e na adversidade, amalo e respectalo ata que a morte vos separe? Razoa a túa resposta.
Recentes estudios científicos demostran que o uso abusivo e compulsivo do teu smartphone non ten relación coa túa reducida capacidade mental. Probablemente xa eras imbécil moito antes de comprar o teu primeiro teléfono.
Por sorte, cada dous por tres, Gadis recórdame que debo «vivir como galego» , non vaia ser que me esqueza de plantarlle lume o monte, de votar ó PP ou de dar herbicida na finca do veciño.
Existe un poderoso vínculo que mantén unidos a fillos e netos cos avós, por moi grande que sexa a distancia que os separe… chámase pensión.
Para saber a que lado estás da difusa fronteira que separa a beleza da fealdade, chega con que fagas memoria e recordes si o acosador aparece nos teus pesadelos ou nos teus soños.
Esta tarde teremos a visita dos BABABOOM: «un colectivo que se forma na cidade de Ourense no ano 2013, cunha pasión, a cultura sound system, sesións cargadas de vinilos de roots, reggae, dub e steppa.»
Iván e Max, integrantes de BBB Sound System.
No faladoiro de hoxe: «A mitificación dun persoeiro trala súa morte«. Esta semana a morte de Fidel Castro copou os informativos mundais, e o mundo dividiuse entre os que opinan que foi un dictador ou un heroe revolucionario, que idea de Fidel quedará na historia? Analizaremos este caso e o doutros personaxes senlleiros.
A xa mítica fotografía de Alberto Korda do Che Guevara.
Tamén entrevistaremos o gran percusionista Eloi Pascual que nos falará do seu proxecto no eido do jazz.
Lembrade que podes seguir o programa en directo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz de 16:30 a 18h tódolos venres. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.