Xa podedes escoitalo podcast da derradeira entrega do Programa Orballo de Radio Allariz!
Integrantes do último programa
Entrevistámos a Héctor Casas, un dos actores de PIB (Produto Interior Bruto), «Webserie de humor golfo baseado en experiencias reais onde non existe corrección política nin límites para os seus protagonistas Richi e Maxi».
Integrantes de PIBIntegrantes de PIB
No faladoiro tivemos o tema do «fenómeno serie», ti tamén es un «serie-adicto»?
Tamén tivemos unha nova entrega de «Doña Melitona», na que fixemos un repaso á traxectoria dun dos máis grandes da música, Freddie Mercury, cando se cumpren 25 anos do seu pasamento.
O luns 14 de Novembro estivemos na escola Tomás de Lemos en Ribadavia cubrindo o obradoiro “El arte de la Prehistoria” impartido ós alumnos de infantil polo grupo de arqueólogos profesionais de “De la roca al metal”.
Este grupo de profesionais funciona de maneira autónoma combinando investigación e traballos arqueolóxicos coa didáctica nas aulas mediante diferentes talleres adaptados segundo a idade do receptor.
Imaxe do obradoiro de Ribadavia. (Alba Losada García)
Neste caso, o taller “El arte de la Prehistoria” basase na transmisión de coñecementos sobre a prehistoria, a arqueoloxía, a cultura e o pasado a través do xogo e da experiencia multisensorial, convertendo así o aula nun espacio didáctico onde os rapaces interactúan dun xeito divertido mentres amplian os seus coñecementos.
Unha labor moi importante a que fan este xóvenes arqueólogos achegando os saberes do pasado os máis pequenos e creando motivación e curiosidade neles que farán que se divirtan á vez que aprenden.