Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Nova edición; De Freud a Fraiz

< Sacan a hombros e pola porta grande ó psicópata Finito de Alcobendas  despois de cortar duas orellas , un rabo e tres xugulares.

< ¿Estás deprimido, saeche todo mal e non te quere ninguén? Tranquilo, se positivo coma min. Eu creo que antes ou despois chegará o teu momento … no que te levará Deus e deixarás de contarnos as tuas penas.

< Unha muller nunha discoteca é como unha femia de elefante mariño nunha praia: para poder sair as duas deben sortear un montón de machos dispostos a aproveitar calquer mínima oportunidad de aparearse.

<Un monton de horas rebozado en area e protección solar, baixo un sol e xustiza e arriscándote a un futuro cáncer de pel ou ó  impacto dunha cagada de gaivota, e todo por cambiar de tono de pel …. e logo dirás que o excéntrico era Michael Jackson.

< Vegano entregase diante de axentes do Seprona e confesa ser o autor material da morte de 278 mosquitos na carretera de Burgos.

  Tomás Fraiz Velazquez

O Berce das letras

“Nin tampouco a vós para o medo,

Oh sórdidos Galegos! Duro bando

Que para resistir hoxe armástesvos

A aqueles cuxos golpes xa probastes.”

Luís de Camoes, Os Lusíadas.

 

“Quizá para conmigo son gallegos, que es otra nación, según es fama, algo menos puntual y bien mirada que la vizcaína.”

Miguel de Cervantes (1613)

 

 

O século XVI deu ao mundo dous dos máis grandes escritores en lingua castelá e portuguesa, Miguel de Cervantes por parte de España e Luís de Camoes en Portugal, pero sabedes  de que territorio da Península  Ibérica son orixinarias as familias de ámbolos dous? Non vos vaiades moi lonxe pois estamos nel, e desto vouvos falar hoxe, das raíces galegas de Camoes e Cervantes.

Luís de Camoes
Luis de Camoes

Seguir leyendo O Berce das letras