Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Sobre o triunfo da imaxe sobre a imaxinación

“ Non trato de describir o futuro. Trato de prevelo”

 

Ray Bradbury

 

Atopámonos en Francia, o 28 de decembro do 1895 , o Gran Café de París acolle a primeira proxección cinematográfica da historia onde un grupo de trinta e tres curiosos serán os únicos afortunados  en asistir a tamén  a primeira proxección pública dos irmáns Lumiere. Os antecedentes do cine atópanse na fotografía , Niepce e Daguerre van a ser os iniciadores do experimento fotográfico tendo en consideración o fenaquistiscopio creado no 1832. Investiga  o propio Niepce co seu procedemento ao iodo o cal permitía fixar ás imaxes coa axuda de vapores de mercurio. O cine e a fotografía unidos nunha aleación necesaria, van a crear un novo tipo de arte  que lle abre as portas a nova creación e “Frabrica de soños” , un filme de George Méliès  que prognostica a súa expansión e interese por todo o globo , un mundo de posibilidades que Stanley Kubrick desenrolaría xa nos anos cincuenta como aquelo que por escrito e por pensado tamén pode ser filmado; acandando así a máxima expresión a cargo da ilusión e a apertura mundial das posibilidades inconfesables e novas revelacións sen límites na relación da realidade-maxín universal e que van a acadadar agora un novo participante; o denominado cuarto poder logo da definición básica de Montesquieu sobre os poderes executivo, lexislativo e xudicial e que se consolida e evoluciona no noso século na nova definición en referencia a internet que se encadraría no termo de quinto poder.

Na actualidade, o cuarto e quinto poder únense coma único motor da evolución, únicos recursos inapelables da sociedade civilizada e que ,polo tanto , en referencia ao título do artigo , convídanos a  reflexionar sobre a influencia histórica da imaxinación no receptor que está vendo cine ou que observa unha serie fotográfica buscándolle un sentido. A loanza ( moitas veces subconsciente) do suxeito pasivo a imaxe na que se quere reflexar, imaxe na que se quere converter, un alter-ego  acadable que se nos presenta no espectáculo audiovisual coma un suxeito separado do seu producto  en saturación de contidos sen carga reflexiva se a vista e o pensamento non están educados. O cine na súa prehistora que se relaciona xa co mito da caverna de Platón  e pasa polas sobras chinas garda moito de imaxinación no espectador ou polo menos unha vontade e un respeto a representación da imaxinación en vivo. O cine independente pola súa parte como cine de creacción alternativa para un público outsider, non precisa da inmediatez do filme holliwoodense , a candencia permítelle ao espectador  crear novos pensamentos , reflexionar por fin e manter un lazo moi estreito entre a trama e suxeito e polo tanto entre a imaxe e a imaxinación. O suxeito da nosa era perde a súa relación co retrato , coa clásica forma de representación individual na pintura de maneira definitiva e que hoxe realizase nunha sobre-exposición da propia imaxe e a unha reiterada pérdida da intimidade , todo elo normalizado , consentido e derivado na asimilación do home como documento.

Argumentar pois en relación aos magnates da comunicación o pretencioso intento de  eliminar a literatura da imaxe de raiz sen máis método que a saturación de contidos de esa orde na nosa actividade diaria. Os totalitarismos xa non se acadan soamente coa opresión e o monopolio da violencia, se non que manteñen unha relación estreita coa tecnoloxía dos fogares no occidente sendo os obxetivos; diminuír a sorpresa no individuo en clara idiosincrasia narcisista, converter polo tanto o espectáculo na derradeira realidade ou negar a propia realidade converténdoa en imaxe, todo o contrario que propuña Platón no mito da Caverna xa mencionado. En referencia a estes suxeitos que ostentan o control  audiovisual e das redes sociais“ Sobre os sabios famosos” aos que me refiro na retórica nietzscheana ,  e que se podería aplicar nas reglas da industria de masas do audiovisual na actualidade, sedúcenos  o filósofo alemán:.. ¡oh  sabios famosos! por que no habeis servido a la verdad ,si no al pueblo y a la supersticion del pueblo..“.. el espiritu libre, el enemigo de los estorbos, el que no adora y el que frecuenta las selvas es aborrecido por el pueblo como el lobo por los perros” ..Quereis dar verdad a vuestro pueblo en veneración.. a afirmanción é clara en canto a individualidade que debe rachar co concepto de  espectáculo como promotor da vida socialmente dominante , da propaganda masiva e da publicidade que trama no seu fondo converter a imaxe en única verdade establecida, entendendo como establecida aquela imaxe que a sociedade prefire en lugar da realidade , a copia en lugar do orixinal ou a apariencia ao ser como afirmaba Fuerbach.

Pablo Gómez Portas

10264496_668503119909145_6630600327200111755_n
Imaxes extraidas  do filme » Fahrenheit 451″ dirixida por François Truffaut e ambientada na novela co mesmo título escrita polo  estadounidense Ray Bradbury.

 

 

Manuel Carballo

Como adicar unha vida á música

O sol xa chegou a nosa cidade, parece que xa pasaron eses días interminables de chuvias, as flores aproveitan para alimentarse destes raios e poder prosperar, nos, para a nosa fotosíntese particular asistimos a falar con Manuel Carballo, para que as súas historias nos alimenten e nos fagan crecer. Aínda que no seu local, onde agora ensina música a todo aquel que lle apeteza iniciarse, non entre moita luz natural (dado que está situado nunhas galerías), si que nos iluminará todo o que nos conta.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Manuel é un home que se ilustrou da música dende moi pequeno; así, aos sete anos, e nun contexto no que a xuventude se reunía máis no ámbito eclesiástico, uniuse a un grupo que tocaba na igrexa. Nuns inicios comezaría ca percusión, en concreto cos timbais, e probando diferentes instrumentos coma órgano ou gaita (elemento que se lle atragantou un pouco), chegaría un ano despois a entrar no mundo da guitarra, aproveitando que tiñan unha na casa. Dende os oito anos tocou tanto os fins de semana coma en ocasións puntuais coa súa nova irmá, ca cal compartía tempo ao mesmo tempo que estudaba no conservatorio.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero a medida que pasaba o tempo estas actividades non lle chegaban a encher, xa que a súa ilusión no momento era a de tocar outros estilos de música, como a exercida polos Doors ou outros grupos famosos que naquel momento ilusionaban dende a radio. Desta forma, aos 19 anos, comezou a traballar nun pub para conseguir os cartos que lle servirían para mercar a súa primeira guitarra e algo de equipo. A partir desde momento comezaría unha nova etapa na súa vida musical, formaría con outro grupo de amigos La banda del Cruel, cun estilo rockabilly que enchía as inquietudes musicais dos seus membros. Despois desta, e como as inquietudes sempre van crecendo, formaría outra banda chamada Sector Límite, que mezclaría o rock sinfónico co pop. Con esta banda presentase a un concurso a nivel nacional e gañaran no apartado de pop-rock. Como premio, irían a Madrid, ao pavillón de deportes de Majadahonda e gravar unha canción nun dobre vinilo con outros grupos ganadores do concurso a nivel nacional. Alí presentouse unha gran oportunidade, que foi a de entrar nos 40 principales, lugar onde estaban despuntando bandas da sona de Duncan Dhu, Los Ronaldos ou Los Resentidos. Ofrecíanlle un contrato por tres anos co que tiñan a posibilidade de ter xiras durante ese tempo. A sorte quixo que non puidera lograrse este feito, xa que o cantante non puido conseguir os cartos necesarios que a promotora lle pedía.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero este escollo non fixo que Manuel se rendese, presentouse a outro concurso e tamén o gañou, e ata chegou a gravar unha maqueta no Lusquiños, que transformaron en casetes que logo foron vendendo, e pasando o tempo foron pasando os grupos e as persoas coas que tocaría, ata que se lle brindou a posibilidade de tocar con Cristina Pato, podendo acudir entre outros lugares ao Festival Intercéltico. Nesta ocasión coñeceu ao promotor da famosa gaiteira, Fasero, que lle ofreceu gravar un disco cas cancións que tivera feitas a nivel persoal. De esta forma, no ano 2007, sairía a luz o seu primeiro disco In your pillow que sería o inicio máis formal do estudio deste artista, que durante todo este tempo atopouse con problemas coma o de atopar músicos de estudio profesionais para as súas obras, como sería David Outomuro, que lle axudaría durante as gravacións das súas obras.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

A partires deste ano 2007, a carreira que tantos anos levou a este artista fíxose material a través da publicación de dous discos mais; no 2011 publicaría un disco en versión trío e no 2013 outro titulado Mediados de abril. Agora xa viu a luz o seu cuarto disco, Canciones desde el viejo café, con sete cancións que veñen gravadas, coma nas outras ocasións, produto dunha autoxestión, sen contar con axudas económicas exteriores, coa diferenza de que nesta ocasión preparouse un crowdfunding no que a xente podía aportar pequenas axudas a cambio de por exemplo unha copia do disco ou produtos exclusivos do mesmo.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero a vida de Manuel non soamente se quedou nas xiras e nas gravacións; en decembro do 2013 abriría un bar cultural na cidade, o cal lle permitiu levar a unha cantidade moi grande de músicos e artistas de todos os lugares, e que lle deu a oportunidade de non coñecer soamente ao músico no escenario, se non de saber que hai detrás deste artista cando non expresa o seu ideario na escena, ademais de descubrir que a xente da cidade desfrutaba con todo tipo de culturas, non só a musical, se non tamén co teatro ou ca maxia.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Con toda esta vida musical, non se pode quedar con ningunha persoa en particular coas que tivo ocasión de tocar, xa que segundo el todas elas foron dunha forma ou de outra influenciables, debido a que cada unha delas aportou algo na súa vida. De esta mesma forma, non pode decidir en que ámbito prefire tocar, xa que o directo en escenario grande aporta unha cantidade de xente moi grande, o que da unha motivación extra, mentres que a sala aporta unha cercanía que non da o escenario.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Falando de inspiración, Manuel teno claro, as mulleres son musas totais para el, e gran parte da súa produción está baseada nas historias de amor, aínda que nalgunha ocasión a inspiración ven dada por historias reais, propias ou axenas, que inspiran a elaborar letras que podemos escoitar nos seus discos.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

O futuro, desta volta, decídese ver coma un presente cercano, xa que ao músico non lle gusta ver moi lonxe dos nosos días, polo que a única cousa que ten en mente é o hoxe, ou como moito, o maña, polo que se centrará en presentar o seu novo disco e irse movendo como folla que arrastra o vento, ou polos distintos lugares que o vaian chamando, que, sen dúbida, non serán poucos. De momento podemos ter segura unha data, o 29 deste mes en Ourense, na Praza Maior, así que agardemos.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa