“ Non trato de describir o futuro. Trato de prevelo”
Ray Bradbury
Atopámonos en Francia, o 28 de decembro do 1895 , o Gran Café de París acolle a primeira proxección cinematográfica da historia onde un grupo de trinta e tres curiosos serán os únicos afortunados en asistir a tamén a primeira proxección pública dos irmáns Lumiere. Os antecedentes do cine atópanse na fotografía , Niepce e Daguerre van a ser os iniciadores do experimento fotográfico tendo en consideración o fenaquistiscopio creado no 1832. Investiga o propio Niepce co seu procedemento ao iodo o cal permitía fixar ás imaxes coa axuda de vapores de mercurio. O cine e a fotografía unidos nunha aleación necesaria, van a crear un novo tipo de arte que lle abre as portas a nova creación e “Frabrica de soños” , un filme de George Méliès que prognostica a súa expansión e interese por todo o globo , un mundo de posibilidades que Stanley Kubrick desenrolaría xa nos anos cincuenta como aquelo que por escrito e por pensado tamén pode ser filmado; acandando así a máxima expresión a cargo da ilusión e a apertura mundial das posibilidades inconfesables e novas revelacións sen límites na relación da realidade-maxín universal e que van a acadadar agora un novo participante; o denominado cuarto poder logo da definición básica de Montesquieu sobre os poderes executivo, lexislativo e xudicial e que se consolida e evoluciona no noso século na nova definición en referencia a internet que se encadraría no termo de quinto poder.
Na actualidade, o cuarto e quinto poder únense coma único motor da evolución, únicos recursos inapelables da sociedade civilizada e que ,polo tanto , en referencia ao título do artigo , convídanos a reflexionar sobre a influencia histórica da imaxinación no receptor que está vendo cine ou que observa unha serie fotográfica buscándolle un sentido. A loanza ( moitas veces subconsciente) do suxeito pasivo a imaxe na que se quere reflexar, imaxe na que se quere converter, un alter-ego acadable que se nos presenta no espectáculo audiovisual coma un suxeito separado do seu producto en saturación de contidos sen carga reflexiva se a vista e o pensamento non están educados. O cine na súa prehistora que se relaciona xa co mito da caverna de Platón e pasa polas sobras chinas garda moito de imaxinación no espectador ou polo menos unha vontade e un respeto a representación da imaxinación en vivo. O cine independente pola súa parte como cine de creacción alternativa para un público outsider, non precisa da inmediatez do filme holliwoodense , a candencia permítelle ao espectador crear novos pensamentos , reflexionar por fin e manter un lazo moi estreito entre a trama e suxeito e polo tanto entre a imaxe e a imaxinación. O suxeito da nosa era perde a súa relación co retrato , coa clásica forma de representación individual na pintura de maneira definitiva e que hoxe realizase nunha sobre-exposición da propia imaxe e a unha reiterada pérdida da intimidade , todo elo normalizado , consentido e derivado na asimilación do home como documento.
Argumentar pois en relación aos magnates da comunicación o pretencioso intento de eliminar a literatura da imaxe de raiz sen máis método que a saturación de contidos de esa orde na nosa actividade diaria. Os totalitarismos xa non se acadan soamente coa opresión e o monopolio da violencia, se non que manteñen unha relación estreita coa tecnoloxía dos fogares no occidente sendo os obxetivos; diminuír a sorpresa no individuo en clara idiosincrasia narcisista, converter polo tanto o espectáculo na derradeira realidade ou negar a propia realidade converténdoa en imaxe, todo o contrario que propuña Platón no mito da Caverna xa mencionado. En referencia a estes suxeitos que ostentan o control audiovisual e das redes sociais“ Sobre os sabios famosos” aos que me refiro na retórica nietzscheana , e que se podería aplicar nas reglas da industria de masas do audiovisual na actualidade, sedúcenos o filósofo alemán:.. ¡oh sabios famosos! por que no habeis servido a la verdad ,si no al pueblo y a la supersticion del pueblo..“.. el espiritu libre, el enemigo de los estorbos, el que no adora y el que frecuenta las selvas es aborrecido por el pueblo como el lobo por los perros” ..Quereis dar verdad a vuestro pueblo en veneración.. a afirmanción é clara en canto a individualidade que debe rachar co concepto de espectáculo como promotor da vida socialmente dominante , da propaganda masiva e da publicidade que trama no seu fondo converter a imaxe en única verdade establecida, entendendo como establecida aquela imaxe que a sociedade prefire en lugar da realidade , a copia en lugar do orixinal ou a apariencia ao ser como afirmaba Fuerbach.
Pablo Gómez Portas
