Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

José Couso

Despois de lidiar durante un certo tempo con cal podería ser un dos primeiros temas que abrisen boca para esta nova singladura que comeza no terreo da difusión cultural, no pensamento apareceu a figura dun home, supoño que debido a que o subconsciente estaba traballando, xa que ese home non era outro que José Couso, ao cal estaban a facer referencia nas súas declaracións ante a prensa un dos candidatos á presidencia do goberno. É por elo, que unha chispa prendeu no imaxinario, permitindo que alumease a idea de que non habería mellor tema para comezar, que falar do que significa o periodismo e o desenrolo desta actividade en segundo qué campos. Seguro que se botará en falta algún prototipo, pero aquí se recrearán os de maior dominio público.

Para comezar, temos ao periodista que antigamente era denominado de crónica social, e que posteriormente foi definido como periodista do corazón. Este tipo de periodismo, é un periodismo “cojonero.”Aquí entran en xogo os chamados paparazzis, que se adican a seguir o rastro de calqueira rostro popular, apoltronándose nalgún lugar para poder sacar fotos sen ser visto, onde pode pasar días enteiros, vendo pasar as horas sen que nada pase. Precisa determinar o que fai a estrela que persegue en cada momento, aínda que precise de remexer nos detritus que xenera a mesma.

Por outra banda, atópanse os redactores típicos dos periódicos, nos que cabería aquí a posibilidade de facer moitas subdivisións, pois temos aos que loitan por conseguir ás noticias máis impactantes, os que cubren calqueira tipo de noticia con tal de poder ter a crónica prometida no tempo pertinente, ós que escriben dunha maneira coñecida como estilo libre, con frases do estilo “morren catro persoas e un portugués,” que teñen moito estilo e glamour, e, por último, os comdíns, que son aquelas persoas que fan crónica de calqueira tema, ou o que lle manden facer sen máis, e non cobran, porque están de prácticas ou contan conseguir o seu posto soñado a base de que o sangren día tras noite.

Outro bando, poderían ser os periodistas culturais e deportivos, que quizáis sexan os que mellor o pasan, pois xa se sabe que a cultura e o deporte son pilares básicos nos gustos de calqueira tipo de personalidade. O típico: “a min gústame o cine e o senderismo,” ou “son un amante da novela policíaca e do rock and roll.” Ese tipo de cousas. O único problema que poden ter este tipo de periodistas, son as respostas que se gañan a veces por parte dalgún deportista ou dalgún artista pedante, destes que se esquecen que están vendendo o seu traballo á xente, e que se non fose pola moita xente á que se cren superiores, non terían os ingresos necesarios para comprarse a súa casa ou o coche deportivo que conducen con moita galantería. Tamén hai que dicir, non obstante, que moitas veces os periodistas fan unhas preguntas que semella que van buscar polémica ou picar ó entrevistado.

E por último, pero non menos importantes, os corresponsais de guerra. Aquí xa non se vai xerar esa cuña coñeira que se pode atopar nos outros apartados. De feito, para o que redacta estas liñas, sen desmerecer ós outros, quizáis os máis dignos de ser valorados. Os que máis respeto me merecen e, quizáis, o grupo máis compacto e do que máis xeneralistamente se poida falar sen meter a zoca. Pode parecer absurda dita afirmación, mais no momento explico o porqué da mesma. O periodista que vai cubrir un coflicto bélico, faino sempre de maneira voluntaria. É unha persoa que sabe ó que se vai enfrontar. Do que eles conten nas súas crónicas, vai depender o informados que poidamos estar do que acontece en lugares moi distantes, e axudarán ós futuros historiadores a recrear grandes acontecementos históricos. Gustaríame parar aquí, para noutra publicación, debullar un pouco máis polo miúdo a súa trascendencia, e sirva tamén para homenaxear a todos os caídos en guerras cubrindo a noticia, en especial a José Couso, hoxe 8/3/2016 que se cumpren 13 anos exactos do seu asasinato.

David Conde Seoane.

César Prada

Autoretrato en blanco y negro.jpg
Autorretrato.

Eran as seis en punto dunha tarde mansa de inverno entre nubes grises, consecuentes co feito teórico de visitar a un artista e o feito práctico de consolidar a miña visión do mundo da arte ourensá, que como puiden sempre escoitar dende que cheguei a cidade é moi amplo e de moitísima calidade, mais atópase agochado na idiosincrasia do artista da Vella Auria, home puro e discreto que pinta con respeito e sinxeleza, o home artista ourensán fala estudando cada palabra e sen descoidar endexamais os seus actos.

Voltando á historia dicir que ese día sinalado corrín ao encontro do meu compañeiro, e redactor da revista, o cal coñecía á personaxe a entrevistar: César Prada. Camiñando por unha vía algo agochada chegamos ao seu taller, un lugar húmido por onde un río discorría por baixo, facendo alarde de sí mesmo, onde desembocan ideas fantásticas e plásticas en representación pictórica; onde o pintor traballaba con música clásica de fondo, que como el dixo “ é unha música que non molesta, que te esqueces de escoitar se estás centrado na obra”. César Prada é o home co estigma na fronte do que fala Hesse en Demian , ese artista que viviu no maxín incendiario da noite, un felino con sede de paixóns que logo se tornaron cara sí mesmo e tiveron que enmudecer para poder suxeitar o pincel e desafiar ao terribe potencial que gardaba para moitos en segredo.

cesar_prada
César Prada.

Convidounos a un café que non se serviu ata ben pasados vinte ou trinta minutos xa que a tertulia estaba dando de sí, e quizais do café recén feito tamén nos esquecemos cando hai algo interesante que contar. Pregunteille cal era a súa inspiración e cal o seu motivo máis representado nas súas pinturas. César, que mantén a pesar da idade unha lucidez comparable á dun intrépido mozo entusiasta, contestou que era a muller a figura que máis incluía, xa que foi crucial a hora de coidar dos seus fillos e de encamiñar e ordear a súa vida, todo esto explicado polo afán e búsqueda de beleza, como xermen de vida, como nacemento, morte e paso do tempo, mesmo tamén comentou que a pesar de que lle gustaba debuxar mulleres nas súas obras ben feitiñas, ninfas, tamén acudía as froitas ou sensacións provocadas polas costumes e lembrazas, votou nese intre unha ollada ao cadro que máis destacaba na sala que situado en fronte de nós parecía estar a vixiar o que falabamos; a súa muller, paciente, facía alarde de presenza como unha música que nos escoita no canto de escoitala.

Referíndonos a símbolos, puxen algún exemplo, como que o home pode ser lobo ou raposo, o primeiro acustumado moitas veces a soidade e sempre xusto en sociedade o outro o acompañante do Principiño nas suas andainas, a realidade en sí mesma , e quixen indagar en se había algún animal en especial que para el fose importante, quizáis buscando algo encriptado; rapidamente César Prada contestou firme que o peixe era o animal que máis facía presenza xa que debido a súa escolarización cristiá afirmou que eran os peixes os que se debuxaban nas portas das casas cando estes foron perseguidos, un símbolo de refuxio e un habitante da vida baixo o mar , que é precisamente de ahí de onde parte a creación, expresao precisamente un home que buceou nas profundidades sen temor a afogar. Da vida mesma quixen falar con respecto á cultura do sinxelo, do sobrio, dun home que se atopa a sí mesmo, a cultura polo tanto do pintor ourensán César Prada.

Pablo Gómez Portas


Obras:

Agua_4f5fca6e16138
Agua.
noches de rante
Noches de rante.
La_madre_de_Orus_4f5fcaaa0e07f
La madre de Orus.
el corazón de los manteles de mi abuela
El corazón de los manteles de mi abuela.
EMPATÍA N8 COLECCIÓN
Empatía nº8.