Resulta un tanto pretencioso escribir sobre un espazo que nunca pisei fisicamente, mais intentarei achegarme a facer un contido o máis verídico e realista posible, xa que os meus pés non pisaron esa terra, pero sí a miña mente a través da lectura de diversas obras alí ambientadas. Dito isto, podemos continuar.
Hai quen verá no Sáhara unha terra que, cómo o seu propio nome indica, para propios e estraños, só serve para ser cruzada. Os habitantes que poboan dito espazo areoso, soen ser moi escasos, e pertencen a razas con nomes que, non é que sexan impronunciables, pero dende logo gardan certa distancia co pronunciable na nosa lingua cotiá, sexa esta o castelán ou o galego. Si é euskera, aínda poden ter un aquel. Eu animome incluso a aventurar que, polo menos co turco, pode ter unha certa empatía, ou eu vinlle un certo vínculo, sen ser moi coñecedor, todo hai que dicilo, de ambas linguas.
En canto a especies animais, a cousa está moi limitada. Ao longo da súa basta extensión, é posible atoparse con especies cómo os escorpións, algún tipo de serpes, grupos de gacelas, ou algo moi similar a raposos. Tamén é posible atoparse con animais de tracción, cómo é o caso dos dromedarios ou os camellos, ou incluso con elementos de tracción ás dúas ou catro rodas, segundo a preferencia do conductor. Os que se atopan a bordo destes últimos, son bastante animais ás veces, e foron criticados de certa maneira no libro de Alberto Vázquez-Figueroa, que levaba por título “Los ojos del Tuareg” debido á problemática que plantexaba a súa intromisión na tranquila vida dos escasos poboadores do lugar. Sobre eles, sería interesante igual falar noutro apartado.
Neste lugar completamente seco, tamén se pode tropezar un no seu camiño con pegotes de auga seca. Explícome, cunha Sebkha. Este termo árabe, ven a designar o que ven sendo unha costra salina, que aparece no medio da nada, e que se supón que é un sitio no que algunha vez puido chegar o mar, ou tamén que hai un depósito de auga salina estacional, que na época estival forma esa capa dura. Para o aventureiro que se anime a pasear por eses lares, comentar que igual non é excesivamente recomendable cruzalas, sendo quizáis mellor opción rodealas, xa que cabe a posibilidade de quebrar a corteza e quedar atrapado. Ese risco é sobre todo patente si se vai en vehículo de motor, cousa que polo xeral tampouco é moi recomendable, a non ser que se leve un gran número de rodas, xa que é raro que non se pinche unha ao rodar un mínimo de kilómetros. Tamén ten o inconvinte do gran número de mosquitos que soen rondar polas Sebkhas, que se xa nos nosos montes na primavera e no verán se fan insoportables, non me quero imaxinar cómo pode ser o choio cun sol de xustiza sobre a cabeza e unha temperatura que rondará tranquilamente os 50 graos.
O Sáhara, tamén coñecido cómo deserto, polo tanto, non semella ser o destino típico reclamado por aqueles que organizan as súas viaxes en Marsans, ou ese tipo de típicas axencias de viaxes. Unha mágoa, xa que o auténtico potencial do deserto queda opacado por uns estados inventados aos que se lles endosou ese territorio, e quizáis tamén por unha especie de pasividade dos seus habitantes. E ese potencial non é soamente referido ó turístico, senón ao potencial de cultivo que podería chegar a ter.
Parece ser que o composto do solo tan só é de area entre un 6 e un 10%. O resto son nutrintes que poderían ser aproveitados para facer cultivos, os cales igual poderían chegar ás tres colleitas anuais. Non hai que esquecer que este territorio, noutro tempo, foi un auténtico verxel, ao estilo do Amazonas, mais cunha grande vantaxe, xa que o Amazonas en realidade ten uns solos moi pobres, cousa que queda patente trala deforestación para realizar os cultivos, moitos dos cales non chegan a un aproveitamento de máis de 10 ou 15 anos.
¿Cal é o problema do Sáhara? A obtención de auga. Esa é a única traba que ten. Non abunda a auga. Triste que un territorio rodeado de auga por todos os seus flancos, non poida recibir nin unha gota do preciado elemento. E non é cuestión de enredar con cuestións técnicas, mais, ¿cómo sería ese deserto regado con toda esa auga que o rodea? ¿Sería tan complicado empregar plantas desalinizadoras para irlle comendo terreo ao deserto? Con esta serie de cuestións, colorín colorado, este cuento se ha acado…pero só de momento.
David Conde Seoane