Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Esgazado dende o berce

Enchida a miña alma

de pó magro e morna chuvia.

Os ósos bailotean na enteireza

da ladaíña que choro internamente.


Cismo no ocaso do meu ouro

a prateada pobreza do meu rostro.

Enxoito vou, dende nado,

de nimiezas infames que aborrezo.

Esgrimo un rezo vano e choro croios

pola presenza da miña aflixida ausencia.


Se fose eu vento grato,

ese mesmo ventoque desfolla as pónlas,

esquecería deste longo tempo,nesta hora,

derramando follas tristes sobre o Sena.


Cántolle á arxila na que estou moldeado

neste lecer de bagatela como a auga.

Esculpiume a azorosa pesadume

cuxa ignorancia fita empoleirada

a servidume para a que fun creado.


Ismael Fontán Pérez

Ilustración: Mar Ocampo


Capítulo 65: Imperialismo e globalización

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 25 de xaneiro de 2019

I

Faladoiro, Imperialismo e Globalización: neste programa analizamos a raibosa actualidade española e mundial. A nivel global os ollos do mundo miran a Venezuela, onde unha movilización da oposición, apoiada por potencias estranxeiras, ameza o goberno de Nicolás Maduro. Sabedes que ten que ver Julio Iglesias en todo esto? Por outra banda en España o sector do taxi paraliza a capital, na que podería ser a derradeira batalla entre o vello mundo e un futuro que xa está aquí. Non o perdades!

Afundimento do acorazado de EEUU, Maine, en La Habana (1898)

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!