Archivo de la categoría: Artigos

VERTIXE

Vertixe. s,f. Supoño que será ese o apelido máis apropiado para este día de agosto que
xa é máis noite ca día, que xa é máis vello ca mozo.
A vertixe típica de ter aínda os dedos repousando na contraportada do último libro que
devoraches, saboreaches e no que te perdiches ata agora.

 Porque agora e ágora. Ágora é agora.

Un aberto sen apenas lindes ou cun único linde no que te atopas á espreita do que fique
baixo el. Supoño que será a mesma sensación ca do escritor cando fai acrobacias na
primeira liña da páxina en branco… cando só atopa unhas poucas letras nas que
suxeitarse sobre un océano de palabras…
sobre un deserto de certezas.

 Autora: Natalia Umpiérrez Suárez

Fotografía: David Novoa

 

O SON LOLA-LOLA

Dende Porto para o mundo

Autor: Alba Losada e Álex Fidalgo

Fotografía: Xose Garrido e David Nóvoa


Lémbrome ben do primeiro que pensei ó despedirnos o pasado venres deles: os soños non só chegan si os persegues, máis ben, se sabes como facelo.

Pasaban cinco minutos das 19H cando trala segunda porta de entrada ó Café Cultural Auriense estaban os recén chegados á cidade, os Lola-Lola, preparando a sonoridade para o seu segundo concerto en Ourense, comandados póla voluptuosidade feminina da súa vocalista: Carla (voz), Samuel (saxo), Tiago (guitarra), Hélder (batería) e Miguel (baixo). Sinalamos á mesa indicada para realizar esta esperada conversa, nesta revista que desfruta de transmitir a cultura galega, sempre irmandada e nostálxica ca terra alén do río Miño.

O nome ten orixe na personaxe que encarnou Marlene Dietrich na película “The Blue Angel” na que representa a unha esvelta cantante de cabaré que namora tanto a elas coma eles chamada Lola-Lola.

David Nóvoa Sequeiros
LOLA-LOLA/ fotog: David Nóvoa

Os cinco coinciden en que o seu son é produto en gran medida da procura das influencias musicais que tiveron os grupos portugueses dos anos 50/60 como Conjunto Joao Paulo, Os Tártaros e outros moitos grandes, sendo un acto natural de creación no que nada é improvisado, apurado, como Hélder matizou “é preferible para nós ter o control total de cada canción, cada vídeo clip que realizamos, primando a calidade e estando todos dacordo en cada paso que damos, en cada nota”. Revisan ese pasado, e o transforman co agarimo do Rhytm & Blues ou o Popcorn, pois é un ciclo que aínda non está pechado, que se confirma co ambiente e público en cada sala de actuación, facendo súas as letras e o estilo Vintage que Carla Capela elixe cal escenario de cabaré.

 

Son do Porto, unha cidade cun pasado comercial tan grande e unha historia tan dilatada, que como lle comentamos, sorprende que aquí na Galiza teñamos tan poucas novas sobre os nosos veciños e o seu famoso  “rexurdimento econômico” que está a vivir Portugal, ou así nolo contan aquí; Carla explícanos que quizais o turismo teña moito que ver no desenvolvemento da cidade na actualidade (23 millóns de turistas estranxeiros en 2017) ou a enorme inversión privada estranxeira atraída polas políticas do goberno.

David Nóvoa SequeirosMais esta cidade vive cun ollo cara Lisboa e viceversa, aínda que o Rhythm & Blues e a actualización do Vintage non son a punta de lanza da música dos nosos tempos nin na España nin Portugal, Porto está a vivir cada ano unha maior difusión deste estilo apoiados pólas ondas FM da man de programas coma Portugalia de Henrique Amaro, Franky Zwiler de Radio Lux ou Radio 3 de RNE, e por suposto, por haber centrado a atención o mundo da moda e da cultura a estética dos anos 60 “Pin-Up”, o blues e as referencias culturais beat como Kerouac, Bukowski ou Ginsberg; aquí reafirmamos as súas palabras de que “é un ciclo sen pechar, a actualidade bebe aínda desas décadas”, perfecta dicotomía: Voodoo Man/Voodoo Woman.

En 2015 firmaron contrato cunha das máis importantes discográficas independentes de Europa, a “Sleazy Records”, lanzando singles coma “Money in the Can” (Xuño 2015), “Sweet Lovin” (Decembro 2016) e o seu último e gran lanzamento: “Voodoo Man/Voodoo Woman” (Febreiro 2018) o cal abraiou a todo o público ourensán pola súa frescura, a paixón aportada polo impoñente saxo, o ritmo frenético de Miguel co baixo, o son persoal de Tiago, a dinámica propia da batería e unha recreación, unha volta ó pasado máis presente, da man da voz de Carla.

_DSC1053
LOLA-LOLA/fotog: Xose Garrido

Remata o concerto, son as 00:10  tralos bises, cigarro e feedback na porta, permanente observadora da catedral, ou ó revés; alí esperamos un tempo mentras as fotos, saúdos e felicitacións aparecían, o cigarro a medio gozar, e a cara delatando que fora un directo de algo moi concreto, procurado e atopado, nostálxico e vivo como o café Tortoni en Bos Aires.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Video concerto no Café Cutural Auriense: