Archivo de la categoría: Eventos

II Aniversario (II Parte)

Querid@s Orballeir@s coma ven anunciamos onte estamos a subir os podcast do programa especial emitido en Radio Liverdade o pasado sábado 7 de abril co gallo dos dous anos cumpridos por esta revista o domingo 8. Nesta entrega:

Faladoiro aberto ó público: mesta mesa redonda charlamos cos artistas convidados ó evento así coma tamén co público que acudiu á cita. Nun tono relaxado, propio do clima festivo, analizamos diversos temas que os contertulios poñen enriba da mesa.

30571308_544818339247404_11397897441753341_n
Imaxes da festa de aniversario/fotg: Xose Garrido

Concerto: a noite festiva rematou co concerto do dúo formado por Raquel (voz) e Alex (guitarra), unha gran actuación que puxo o mellor final a unha gran xornada.

30656259_544818375914067_6467682626573005079_n
Alex e Raquel durante o concerto/fotg: Xose Garrdio

Dende Revista Orballo queremos agradecer o seguimento recibido por parte dos Orballeir@s durante este ano, así coma a tódolas persoas que colaboraron con nós neste tempo, o seu traballo fixo que este proxecto fose medrando día tras día. Estade atentos que aínda queda Orballo para rato e no futuro traeremos grandes novedades!!

30594605_544818649247373_5697624012469520562_n
Parte do equipo de Orballo e participantes no evento

 

 

 

II Aniversario (I Parte)

O pasado 7 de abril celebramos no Café-Bar Sociocultural O Renque, na cidade de Ourense, o segundo aniversario de Revista Orballo. Con motivo desa celebración fixemos unha emisión de radio especial nas ondas de Radio Liverdade, radio libre ourensá que nos proporcionou todo o necesario para emitir e cos que esta revista terá unha débeda eterna por todo o traballo que nos fixeron, 8 horas de emisión en directo non se fan tódolos días. Entre hoxe e maña poremos a vosa disposición tódolos podcast grabados durante as celebracións.

Nesta primeira parte:

 

Programa Orballo, «A Atenas Galega»: o noso equipo comentará as anécdotas do inicio do proxecto (aquela idea primixenia da Atenas de Galicia), así coma o panorama en Ourense de grupos culturais alternativos e proxectos xuvenís. Tamén teremos un A Pé de Rúa especial onde lle preguntaremos ó público as súas opinións.

Podcast 1
Imaxes da emisión do programa/fotog: Xose Garrido

 

Recital e exposicións: Neste enlace poderedes escoitar os recitais poéticos de Manuel  Maside , Ori Darko, Antía Balvís e Nuria Paz. Tamén estarán as presentacións das obras da fotógrafa Noemi Cordeiro e o pintor Álex Fidalgo.

 

recital
Instantáneas do recital e presentacións/fotog: Xose Garrido

 

30594942_544818585914046_5734940242802060522_n
Obra de Noemi Cordeiro

Dende Revista Orballo queremos agradecer a tódolos participantes no evento, sen vós non houbera sido posible. Mañá subiremos a segunda parte. Non a perdades!