II Aniversario (I Parte)

O pasado 7 de abril celebramos no Café-Bar Sociocultural O Renque, na cidade de Ourense, o segundo aniversario de Revista Orballo. Con motivo desa celebración fixemos unha emisión de radio especial nas ondas de Radio Liverdade, radio libre ourensá que nos proporcionou todo o necesario para emitir e cos que esta revista terá unha débeda eterna por todo o traballo que nos fixeron, 8 horas de emisión en directo non se fan tódolos días. Entre hoxe e maña poremos a vosa disposición tódolos podcast grabados durante as celebracións.

Nesta primeira parte:

 

Programa Orballo, “A Atenas Galega”: o noso equipo comentará as anécdotas do inicio do proxecto (aquela idea primixenia da Atenas de Galicia), así coma o panorama en Ourense de grupos culturais alternativos e proxectos xuvenís. Tamén teremos un A Pé de Rúa especial onde lle preguntaremos ó público as súas opinións.

Podcast 1
Imaxes da emisión do programa/fotog: Xose Garrido

 

Recital e exposicións: Neste enlace poderedes escoitar os recitais poéticos de Manuel  Maside , Ori Darko, Antía Balvís e Nuria Paz. Tamén estarán as presentacións das obras da fotógrafa Noemi Cordeiro e o pintor Álex Fidalgo.

 

recital
Instantáneas do recital e presentacións/fotog: Xose Garrido

 

30594942_544818585914046_5734940242802060522_n
Obra de Noemi Cordeiro

Dende Revista Orballo queremos agradecer a tódolos participantes no evento, sen vós non houbera sido posible. Mañá subiremos a segunda parte. Non a perdades!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: