O pasado 7 de abril celebramos no Café-Bar Sociocultural O Renque, na cidade de Ourense, o segundo aniversario de Revista Orballo. Con motivo desa celebración fixemos unha emisión de radio especial nas ondas de Radio Liverdade, radio libre ourensá que nos proporcionou todo o necesario para emitir e cos que esta revista terá unha débeda eterna por todo o traballo que nos fixeron, 8 horas de emisión en directo non se fan tódolos días. Entre hoxe e maña poremos a vosa disposición tódolos podcast grabados durante as celebracións.
Nesta primeira parte:
Programa Orballo, «A Atenas Galega»: o noso equipo comentará as anécdotas do inicio do proxecto (aquela idea primixenia da Atenas de Galicia), así coma o panorama en Ourense de grupos culturais alternativos e proxectos xuvenís. Tamén teremos un A Pé de Rúa especial onde lle preguntaremos ó público as súas opinións.

Recital e exposicións: Neste enlace poderedes escoitar os recitais poéticos de Manuel Maside , Ori Darko, Antía Balvís e Nuria Paz. Tamén estarán as presentacións das obras da fotógrafa Noemi Cordeiro e o pintor Álex Fidalgo.


Dende Revista Orballo queremos agradecer a tódolos participantes no evento, sen vós non houbera sido posible. Mañá subiremos a segunda parte. Non a perdades!