Archivo de la categoría: Eventos

XXI MITEU: Ábrese o telón

“A sátira é a arma máis eficaz contra o poder : O poder non soporta o humor , nin sequera os gorbernantes que se chaman democráticos , por que a risa libera o home dos seus medos”

DARIO FO

Durante todo o día do venres 15 de Abril a choiva fixo acto de presencia na cidade , o acto previsto para as sete da tarde ameazaba con levar o inicio do festival as galerias Sol, ironías do destino. Nembargantes, unha raiola de luz asomouse entre as nubes xusto antes do comezo, debuxando na esperanza dos xóvenes actores o poder interpretar a obra ensaiada, que xa vestidos para  o convite, esperaban no parque de San Lázaro para prender a mecha da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU).

DSC_2666DSC_2666
Fotografía: Alberte Otero
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

    

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Momentos antes da hora prevista, xa era inevitable. Os tambores dos percutores, puntuais, soaron nunha anterga litúrxia, tan potente e audaz que asemellándose a un ritual Cheyenne as nubes abriron paso ao sol e conseguiron que a xente se desfixese dos paraugas e desfrutase aínda máis ao ritmo dos latidos dos bombos e caixas que lle recitaban ao público a súa tempestiva e anunciaban o comezo dunha nova edición. Logo dos sons que inxertan no espectador un sorriso involuntario, as actrices e actores da escola universitaria de teatro Rosaura, abandeirados por Sabela Gago, realizaron un banquete mímico que lle abre o apetito a esta exposición orgullosa da cultura; se cadra a máis irreverente, a máis apaixoada, a máis sedenta de principios e despedidas, de berros, nostalxias e de fame por romper cadeas innecesarias.

DSC_2697DSC_2697
Fotografía: Alberte Otero
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa  
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Os nosos compañeiros da revista Orballo e fotógrafos; David Nóvoa e Alberte Otero, captaron a mímica indecente nun gran comedor urbán onde non faltaba a pementa dos formalismos sarcásticos e o saleiro dos xestos esaxerados.

DSC_2674DSC_267411
Fotografía: Alberte Otero
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Ataviados cunha vestimenta branca e dourada, os novos teatreiros da cidade, que nunha sublevación enérxica acompasada coa multitude a cal invitaban a participar na maxia teatral, circularon e danzaron en contraste estético perceptible ata o fin da rúa, desplegando unha tea azulada, onde por baixo dela, os asistentes acompañábanos movendo as cadeiras ata entrar a formar parte deste movemento teatral que espertaba o corazón da cidade e que rematou na praza Eugenio Montes cunha representación final de cánticos e verbas recurrentes, celebrando xa todos xuntos o inicio dun festival que xa é peza fundamental na sensibilidade da cidade. A torta xa está servida, disfruten do Banquete.

Programa MITEU.

Pablo Gómez Portas