Archivo de la categoría: Eventos

O SON LOLA-LOLA

Dende Porto para o mundo

Autor: Alba Losada e Álex Fidalgo

Fotografía: Xose Garrido e David Nóvoa


Lémbrome ben do primeiro que pensei ó despedirnos o pasado venres deles: os soños non só chegan si os persegues, máis ben, se sabes como facelo.

Pasaban cinco minutos das 19H cando trala segunda porta de entrada ó Café Cultural Auriense estaban os recén chegados á cidade, os Lola-Lola, preparando a sonoridade para o seu segundo concerto en Ourense, comandados póla voluptuosidade feminina da súa vocalista: Carla (voz), Samuel (saxo), Tiago (guitarra), Hélder (batería) e Miguel (baixo). Sinalamos á mesa indicada para realizar esta esperada conversa, nesta revista que desfruta de transmitir a cultura galega, sempre irmandada e nostálxica ca terra alén do río Miño.

O nome ten orixe na personaxe que encarnou Marlene Dietrich na película “The Blue Angel” na que representa a unha esvelta cantante de cabaré que namora tanto a elas coma eles chamada Lola-Lola.

David Nóvoa Sequeiros
LOLA-LOLA/ fotog: David Nóvoa

Os cinco coinciden en que o seu son é produto en gran medida da procura das influencias musicais que tiveron os grupos portugueses dos anos 50/60 como Conjunto Joao Paulo, Os Tártaros e outros moitos grandes, sendo un acto natural de creación no que nada é improvisado, apurado, como Hélder matizou “é preferible para nós ter o control total de cada canción, cada vídeo clip que realizamos, primando a calidade e estando todos dacordo en cada paso que damos, en cada nota”. Revisan ese pasado, e o transforman co agarimo do Rhytm & Blues ou o Popcorn, pois é un ciclo que aínda non está pechado, que se confirma co ambiente e público en cada sala de actuación, facendo súas as letras e o estilo Vintage que Carla Capela elixe cal escenario de cabaré.

 

Son do Porto, unha cidade cun pasado comercial tan grande e unha historia tan dilatada, que como lle comentamos, sorprende que aquí na Galiza teñamos tan poucas novas sobre os nosos veciños e o seu famoso  “rexurdimento econômico” que está a vivir Portugal, ou así nolo contan aquí; Carla explícanos que quizais o turismo teña moito que ver no desenvolvemento da cidade na actualidade (23 millóns de turistas estranxeiros en 2017) ou a enorme inversión privada estranxeira atraída polas políticas do goberno.

David Nóvoa SequeirosMais esta cidade vive cun ollo cara Lisboa e viceversa, aínda que o Rhythm & Blues e a actualización do Vintage non son a punta de lanza da música dos nosos tempos nin na España nin Portugal, Porto está a vivir cada ano unha maior difusión deste estilo apoiados pólas ondas FM da man de programas coma Portugalia de Henrique Amaro, Franky Zwiler de Radio Lux ou Radio 3 de RNE, e por suposto, por haber centrado a atención o mundo da moda e da cultura a estética dos anos 60 “Pin-Up”, o blues e as referencias culturais beat como Kerouac, Bukowski ou Ginsberg; aquí reafirmamos as súas palabras de que “é un ciclo sen pechar, a actualidade bebe aínda desas décadas”, perfecta dicotomía: Voodoo Man/Voodoo Woman.

En 2015 firmaron contrato cunha das máis importantes discográficas independentes de Europa, a “Sleazy Records”, lanzando singles coma “Money in the Can” (Xuño 2015), “Sweet Lovin” (Decembro 2016) e o seu último e gran lanzamento: “Voodoo Man/Voodoo Woman” (Febreiro 2018) o cal abraiou a todo o público ourensán pola súa frescura, a paixón aportada polo impoñente saxo, o ritmo frenético de Miguel co baixo, o son persoal de Tiago, a dinámica propia da batería e unha recreación, unha volta ó pasado máis presente, da man da voz de Carla.

_DSC1053
LOLA-LOLA/fotog: Xose Garrido

Remata o concerto, son as 00:10  tralos bises, cigarro e feedback na porta, permanente observadora da catedral, ou ó revés; alí esperamos un tempo mentras as fotos, saúdos e felicitacións aparecían, o cigarro a medio gozar, e a cara delatando que fora un directo de algo moi concreto, procurado e atopado, nostálxico e vivo como o café Tortoni en Bos Aires.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Video concerto no Café Cutural Auriense:

Café Quijano

20 anos non chegan a nada

Autor: Álex Fidalgo

Fotografía: Xose Garrido


Vinte anos atrás Café Quijano presentábase no panorama musical da man da discográfica Warner, co álbum Café Quijano.
_dsc0090
Concerto de Ourense/fotog: Xose Garrido
Todo o que veu despois foi un éxito sin precedentes dentro do rock latino español, coa súa inconfundible maneira de “bolerizar” o rock, darlle forma pegadiza e penetrar en tódolos fogares e España para converterse no grupo que a día de hoxe é capaz de encher o Auditorio de Ourense “ata a bandeira”, con entradas que oscilaban os 20/30 euros, e repetilo en cadea, chamadoTour, que xa comezou e rondará os 50 concertos, con público que demanda outros tempos, outros ritmos; para eles a canción Perdóname en colaboración con Willy Taburete (6.3 millons de visitas en YouTube), que demostra como este grupo é capaz de reinventarse dentro da música “pegadiza” para aproveitar, degustar, o Café ata o final, deixando un poso que solo nós, o publico, podremos salvar ou aparcar na pila de cds piratas, entre Revólver e Luis Miguel.
_dsc0075
Concerto de Ourense/fotog:Xose Garrido
Café Quijano en Ourense
Non vos perdades a videorreportaxe que fixemos do concerto do grupo na cidade de Ourense o pasado venres 16. Tédela dispoñible na nosa canle de youtube:
Screenshot_2018-02-22-14-06-23-1
Enlace enriba da imaxe