20 anos non chegan a nada
Autor: Álex Fidalgo
Fotografía: Xose Garrido
Vinte anos atrás Café Quijano presentábase no panorama musical da man da discográfica Warner, co álbum Café Quijano.

Todo o que veu despois foi un éxito sin precedentes dentro do rock latino español, coa súa inconfundible maneira de “bolerizar” o rock, darlle forma pegadiza e penetrar en tódolos fogares e España para converterse no grupo que a día de hoxe é capaz de encher o Auditorio de Ourense “ata a bandeira”, con entradas que oscilaban os 20/30 euros, e repetilo en cadea, chamadoTour, que xa comezou e rondará os 50 concertos, con público que demanda outros tempos, outros ritmos; para eles a canción Perdóname en colaboración con Willy Taburete (6.3 millons de visitas en YouTube), que demostra como este grupo é capaz de reinventarse dentro da música “pegadiza” para aproveitar, degustar, o Café ata o final, deixando un poso que solo nós, o publico, podremos salvar ou aparcar na pila de cds piratas, entre Revólver e Luis Miguel.

Café Quijano en Ourense
Non vos perdades a videorreportaxe que fixemos do concerto do grupo na cidade de Ourense o pasado venres 16. Tédela dispoñible na nosa canle de youtube:
