Archivo de la categoría: Literatura

DESENCANTO

Autor: Pablo Gómez Portas



Sin títulonnhhh

El Desencanto é un filme que  reza o derradeiro bastión da poética acomodada e da España que se desangra no tardo-franquismo. Unha luz, escura e en branco e negro que envolve ós seus personaxes que son absolutamente reais e que reivindican que toda a mitificación loubada á figura de Leopoldo Panero non é máis que un constructo e unha creación ligada ó réxime en canto á polémica figura do poeta de Astorga, o cal , logo de morto, recibe a intempestiva verdade nos escearios da vivenda familiar en forma de filme-documental. Os recantos da vivenda móstranse  en situacións de diálogo a dúas ou tres voces que denotan unha sensación de esgotamento  e un aburrimento levado os beizos e reflexións dos fillos do poeta morto e da súa muller, Felicidad Blanc, a cal vai a converterse en musa e medianeira no xeito e na existencia da súa famila. Muller ou dama ou madame referíndome a Bovary de Flaubert que conserva unha actitude serea e deliciosa en canto as formas e verbas que compoñen certas actitudes literarias así coma que se vai a presentar  elegante e transparente  en verso e compostura durante todo o filme-documental.

Jaime Chávarri, o director madrileño, xunto a producción de Elias Querejeta realizarán esta obra cinematográfica moi censurada e reprochada pola crítica no seu momento de lanzamento, malia que co paso dos anos o filme formará parte do grupo selecto de películas  consideradas “ De culto” así como o son “ Arrebato” de Iván Zulueta  ou “ Huevos de oro” de Javier Bardem.  Pasa por ende o cinema español a contemplar a posibilidade da depresión e da desfeita familiar dunha figura enxalzada polo franquismo cuxos fillos e muller preséntanse ante as cámaras cunha realidade cínica e cáustica en canto o pulso realidade-idealización sobre todo por parte de José Moisés Santiago Panero “ Michi”.

DESENCANTO1

 A metáfora é inevitable coma diría o mestre  Emilio Araúxo. O filme comeza co monumento a Leopoldo Panero envolto nunha saba e atado por cordas. Unha música de romería con certo matiz heroico escoítase mentres o plano  concéntrico vai adiviñando o espectador  que se trata do monumento a Leopoldo pai. Nese intre escoitamos  a voz en off de Felicidad Blanc:

“ El murió a las siete de la tarde en Castrillo de las Piedras, una tarde de verano luminosa y clara como tantas otras que habíamos vivido en otros veranos. Los días anteriores habíamos sido felices…Una vez más se producia un corte en mi vida..”

Para que logo dunha escea na que Michi, Juan Luis e a súa Nai asistan a unha homenaxe ao seu pai xa morto , atopámonos con dous dos fillos que dialogan cara a cara nun vitalista e edulcorado  via crucis teatral de vertente existencialista onde Michi Panero argumentará que o filme sen o máis novo dos fillos ( Leopoldo María Panero ) non tería sentido xa que logo e el o descendente poético directo malia que efectivamente tamén o é na antítese a figura do seu pai, velaquí a ironía . Leopoldo María representa a figura de poeta maldito e non so esa figura transcendente para á poética ibérica se non máis ben a figura do derradeiro maldito o cal foi diagnosticado de esquizofrenia e pasará gran parte da súa vida de psiquiátrico en psiquiátrico por vontade propia para envolver a Leopoldo María nunha percepción da realidade que será  hipnótica para lector da súa poesía así coma  infame en canto o  diálogo que vai entre a loucura , a cordura e unha linguaxe que distingue o significado da palabra cáliz e a transforma o cal convérteo xa  nun mito  da poesía en lingua castelá.

 

A figura do proxenitor antipoético-directo non aparece ata ben chegada a metade do filme. Leopoldo presentase tranquilo máis albiscase xa na súa fala e no seu padecer interior unha ansia de descifrar o pulso do seu tempo a cal reflíctese nas escuras cuncas dos seus  ollos. Falando da infancia ou de algún dos seus primeiros poemas sendo moi neno, sorprendenos en canto a eiva interior en forma de recordo: Los libros hablaban y hablaban pero dios iba diciendo pronto se acabará el  mundo. Verso escrito con tan so tres anos e medio. E para máis xesto de cara a súa predisposición á poesía descifrada engade: Mi corazón temblaba, no era un sueño y fueron muriendo todos los soldados de la guardia del rey y mi corazón seguía temblando. “ El caso de Leopoldo”  como ía dicindo e o de maior transcendencia na familia astorgana, Michi fala do poeta maldito “ Mi compañero de juegos se convierte en un ser raro, quizá impuesto por la familia , eso habría que discutirlo, la discusión continua, los gritos , los portazos , el alcohol mal dijerido,..”

 

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Súa será tamén a frase que caracteriza a entrada en crise da familia dirixíndose desta vez a sua nai ( a cal mantén a compostura) cando afirma: “ En la infancia vivimos y después sobrevivimos”. A economía dos Panero veuse moi deteriorada , velaquí o desencanto , todo elo a partir da enfermidade de Leopolo María e a morte do seu pai, ademáis tamén entra en cuestión a rivalidade dialéctica e literaria entre Michi e Juan Luis todo elo na circunstancia dunha familia burguesa con matices intelectuais que vai perdendo a súa presenza logo de admitir que ningún dos tres irmáns terán descendentes.

 

Qué es la magia, preguntas
en una habitación a oscuras.
Qué es la nada, preguntas,
saliendo de la habitación.
Y qué es un hombre saliendo de la nada
y volviendo solo a la habitación.

“Poesía” 1970 – 1985 “Ars Magna”

Leopoldo María Panero

 

 

LA FIESTA: DE HEMINGWAY A CHICK COREA

Xa era tempo de volver facer un artigo deses que teñen un toque de gracia, de ironía ou incluso un algo de esperpéntico para a seriedade que conforma e rexe a nosa sociedade presente, na  cal o humor se atopa cun muro de autocensura co que se esnafra irremisiblemente; en definitiva, a idea era voltar a dar un toque festivo o texto escrito.

A necesidade de facelo así xorde trala escoita dun tema musical nunha recepción, pola altura de 1980 en Polonia, dun autor chamado Chick Corea, ó mesmo tempo que observando un estante nutrido de libros, non moi lonxe da estancia na cal contemplaba dito documento, puiden ver un deles  titulado Fiesta de Ernest Hemingway. Pensei que existía unha ponte marabillosa entre ambos mundos, o da literatura e a música, arrexuntado en tantas ocasións da man dos chamados cantautores. E aínda se podía acabar de redondear o tema pensando no mundo do audiovisual, e a miña mente, recuperando unha conversa “callejera,” rememorou un filme que xa ten os seus anos, titulado, igualmente, La Fiesta.

Semella pertencer a un patrón moi hispano e algo que o mundo latino sabe explotar ata uns límites insospeitados, pero que dúbida cabe que a festa é algo universal, que en calquera parte do mundo saben valorar, aínda que segundo a cultura e o rango de idade a festa derivará por uns derroteiros ou por outros. Para Hemingway, parecía ser válida a consideración de festa as corridas acaecidas no tempo de San Fermín, e a verdade é que non sei como serían por aqueles tempos, pero sendo minimamente parecido ó de hoxe o desfase estaba asegurado. Nunha das miñas estadías en Iruña coincidindo con esta festividade, un oriúndo da zona comentaba que nesas datas ata nas zapaterías che vendían alcohol.

9788497597937
Portada de «Fiesta»

Alcohol, parece ser outro dos elementos claves para poder levar a cabo unha boa festa, e na película mencionada arriba isto semellaba estar claro para todos os participantes, incluso empregando algunha dose de outras sustancias para facer a cousa máis amena. É así, que unha das escenas nos deixa claro que para animar a perforarse unha parte do corpo, non hai tamén á súa vez mellor anestesia que o emprego do noso amigo embriagador. Non obstante, os berros emitidos polo que estaba sendo furado, non puideron ser evitados, facendo pensar ó seu compañeiro de piso que en realidade, mais ca unha perforación, estaba tendo lugar unha penetración por un lugar pouco axeitado (aqueles que puideran ver a película seguro que xa saben ben a que escena se fai referencia).

Recapitulando entón, touradas e alcohol parecen ser a clave para a consecución dunha boa festa. Que podería faltar logo? Quizais animarse cun disfrace… Pois nada. Dito e feito. No disco My Spanish Heart o señor Chick Corea anímase a presentarse na portada do mesmo cunha especie de traxe de luces. O estilo que se traballaba era o coñecido como jazz fussion, e loxicamente combinaba polo tanto estilos clásicos hispanos co mesmísimo jazz. E como non podería ser doutra maneira, un dos temas titulábase tal que “La fiesta.”

E como dirían os de SKA-P, saquemos algo en claro desta merda de canción, neste caso “cutreartigo.” A pesares da infinidade de culturas que existen o longo e ancho do planeta, hai unha serie de elementos que nos son comúns a todos, e na festa e a diversión está claro que hai moitas cousas que nos unen. Exemplo delo son as personalidades dispares que aquí se mencionaron para tratar este tema, no que ambos lle acabaron dando o mesmo sesgo en campos e tempos diferentes.

Autor: David Conde Seoane

Imaxe Principal: Portada do disco «My Spanish Heart» de Chick Corea