Archivo de la categoría: Literatura

A alquimia do destino.

“Deiteime moi despaciño
sobre a herba.
O sol alumeou a miña pel
e as sombras das árbores
proxectaron
sobre as miñas costas
un mapa sen destino.”

O destino existe sempre e cando o busques ou o deixes fluír coa velocidade precisa, o sino   é un elemento sen categoría, un axexo con vida propia que nos invade de espranza e que aparece cando menos o esperamos, unha realidade viva que nos desafía ante a incerteza do que será de nós e se transforma en pentagrama de escala musical introducíndonos no filme das nosas vidas, aportando unha maxia que é imperceptible pero que existe, e nos palpamos a súa existencia enmascarada,  pasamos moito tempo buscando algún ápice de destino pero sabemos que vai aparecer no momento preciso e no instante adecuado, nun segundo concreto que non vai a ser como os demais, un instante que nos pertence.  Stephen Hawking un home cunha vitalidade impecable, un resiliente sublime,  dixo algunha vez que mesmo a xente que afirma que non podemos facer nada para mudar o noso destino, mira antes de cruzar a rúa.

Pois ben, corría o mes de maio do 2012 na cidade de Vigo, eu paseaba  polo paseo de Alfonso XII para logo desviarme cara a rúa Romil e así dirixirme dando un pequeno rodeo ó instituto politécnico, nesa rúa (Romil) decateime da existencia dun rastro de segunda man que invitaba ao camiñante a botar un ollo e se cadra levar consigo algunha xoia literaria ou musical a un prezo máis que módico. Entre os numerosos libros que enchen os estantes nunha destas chamadas librerías de vello, atopeime cun título penetrante, corrosivo, o libro chamábase O fío da navalla, o seu autor o británico Somerset Maughan, o cal, tamén aparece coma persoaxe na súa trama.

EL FILO

Unha vez na casa, púxenme a ler a novela coa tranquilidade necesaria. Un dos personaxes, Larry, seduce ao lector por ser un completo inadaptado, un home libre que busca nos libros unha explicación e un coñecemento alén do mundo que o rodea para logo viaxar e buscar as aventuras que o formen como home e desa maneira ser o protagonista da súa propia vida, vivir o instante, o presente circunstancial. Larry lee O mundo de Sofía de Jostein Gaarder exhausto, sen ter en conta nada do que o rodea, sen escoitar máis que o son das páxinas que se suceden no mundo que se crea na súa mente cargado de novos coceptos e reflexións. Tempo despóis visitando La Casa de la tía Ni, unha enorme alegoría ó pasado, de rastro dos rastros en formato físico fogareño no concello de Baiona, presentóuseme a posibilidade de mercar ese libro que tanto se nomeaba na novela homónima de Maughan, non sei exactamente se chamarlle a este feito destino ou posibilidade dentro dun caos de búsquedas e encontros conmigo mesmo.

el mundo de sofia

O mundo de Sofía é un deses libros que debería ser un manual para os escolares que medran nesta Europa e piden a berros un cambio de ciclo, toda a humanidade ou mellor dito todo o pensamento occidental está recollido neste recuncho da filosofía dunha forma sinxela para poder entendela, dun xeito delicado a súa vez, a novela revela ó principio un exercicio de respeto cara os numerosos intereses das persoas e narra a posibilidade real de que cada ser humán teña moitas inquietudes e moi dispares segundo a tipoloxía. Tamén transmite o respeto que se debe ter por cada interese xa sexa o fútbol ou a novela.  Alberte Knox, o mestre de filosofía é un dos persoaxes principais, pregúntase: Hai, pola contra, algo que debería interesar a todo o mundo? Existe algo que concirne a todos os seres humáns, independentemente de quenes sexan ou de en que parte do mundo vivan? A pregunta contéstase por sí mesma se o lector seguiu as liñas do texto. A filosofía é vital na creación dos nosos cimentos coma seres humáns, é un xérmolo de virtudes que nos alimentan e crean un ciclo de acción moito maior no noso pensamento. A Sofía perseguiuna o destino e agora é ela  a encargada de preguntarse a sí mesma e darlle resposta a todo aquilo que non coñece e que todos nos preguntamos. E o momento de levar a reflexión a praxe, de ser destino e de fluír na alquimia cósmica.

 Pablo Gómez Portas