Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

VIANA

Un poema de Manuel J.Maside / Unha Fotografía de Xose Garrido

O pai berrou, a nai berrou, o meniño saloucou

A casa era un volcán, a casa era lume baixo o sol, un son de trompeta

A rúa semella retroceder corenta anos, as parellas se bican, un café vale poucos céntimos, a soidade quece baixo o sol de primavera

A parella discute, o corazón sangra,
A luz é forte

Non quero volver a mirada atrás, o futuro dame medo, o presente quece o meu corpo

O mar en calma olla ao oeste, a vea derrama licor no mar, o vento desapareceu, o ar pesa coma chumbo

A sociedade non me da nada, vivo ao marxe, non falo de nada con ninguén

Mentres unha canción asolaga o cerebro, a pel estremécese ca ollada dunha muller fermosísima

Hai un lume nunha esquina, ao lonxe escóitase ao escravo, nas pedras escríbese un poema axeonllado

Deus sobre nós, pesado, prata, ouro, liberdades, cárceres, ollos de diamante, unha man xigante no peito, saboroso lugar

A mente non funciona case nunca

Loas aos homes da cidade caída, solpor de cinsa, o mar arde, padecemos a enfermidade dos sen soño

Bautismo no mar seco de Xordán, as cidades do interior non entenden

Que na costa o vento sempre azouta as caras de cerámica

Un poeta barbudo vive na rúa cun cartón de viño coma compañeiro

E escribe con xiz palabras de xenreira

A cidade enteira é unha bágoa pura de gasolina, pálpebras de pedra, un corazón tan duro

Limpamos o po do andel onde vive a maxia dun libro, páxinas baleiras, orgullo amarelo con cheiro á humidade

Unha cunca de viño só é un pequeno pecado, eu coñecín o pecado maior

E todo isto pensei

En Viana

Mentres o sol quecíame os osos

 

LETRAS GALEGAS 2018

Ilustración de portada: María Nóvoa


Querid@s Orballeir@s xa están dispoñibles os podcast do Programa Especial Orballo no local O Renque (Ourense), co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o pasado 17 de maio. Para a realización deste directo con público tivemos (coma xa ocorrera na festa do noso aniversario) a inestimable axuda de Radio Liverdade, sen eles este programa non sería posible. Imos co sumario:

Faladoiro Día das Letras Galegas

No xa noso tradicional faladoiro tratamos o Día das Letras Galegas e o estado da nosa linga e da súa literatura ca nosa mesa de colaboradores e os poetas convidados o recital.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Entrevista a Carlos da Aira

O poeta alaricano (do lugar de Nanín concretamente) únese a segunda parte do faladoiro, onde nos comentará a súa experiencia en Cabo Verde, país do que acababa de chegar, dun encontro de poesía.

32750603_1450901771678882_2252662496521355264_n
Mesa da radio

Recital Poético

Coma colofón do acto tivemos o xa tradicional recital poético de Orballo, onde contamos ca participación de grandes poetisas e poetas amigos deste proxecto e defesonres destas letras que nesta celebración nos unen: Natalia Umpiérrez, Antía Balvís, Raquel (neste caso cantaautora), Mauel Maside, Noa Moreira, Carlos da Aira e Antía Alberte.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.