Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

West Dub

IMG-20160425-WA0011 (1)
Fotografía: Noemí Cordeiro Docío

Bailando o dub quente do oeste
no medio dunha lagoa de bágoas
a ledicia esmorece,
o sorriso vaise caendo ó chan noxento ,
bailamos o dub quente do oeste,
por que o leste xa non xermina máis,
xa so quedamos nós,
a xente cabrona que baila o dub
mentres o dj pincha e o poeta recita
cancións escritas con sangue
nós seguimos a bailar.
E quizais esmorezamos todos xuntos
nesta festa brutal , incapaces
de entornar os ollos e mirar
ao mundo de día…

Manuel Jorge Maside Salgado
fotos de Noemi Cordeiro Docío
Fotografía: Noemí Cordeiro Docío

Só para sensibeis.

Chus Lauzara
Ilustración: Chus Láuzara

Rochi cédenos este poema que «cuspe» e incorpora as ilustracións de Chus Láuzara e Moncho Barazeiro.

A PUTA DOS LIBROS

Quixestes facerme a puta
dos libros
a corrompida nas novas
a indesexable buscadora
pecaminosa
namentres vos berrei
repetidas veces NON!
Agora fornico con teorías
entre a tolemia, o medo e o
voso pensamento.

Derramo sobre o altar da
rabia
a xustiza dun país que non
entendo
que non me respecta
converténdome en
provocadora
roendo o pouco que puido
quedar de mín.

Consentido, dixo a xuíz
e deixáronme tirada
como un anaco de carne
comestible
que sobra cando hai fartura.

Quen serei eu agora?

Rochi Novoa Vázquez (Ourense)

 

Moncho Baraceiro
Ilustración: Moncho Barazeiro